GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

318
1353, xaneiro, 30 (Rante)
foro

O bispo afóralle a Álvar Sánchez uns casais en Rante, per sexta de pan e viño, dous capóns, dous azumes de viño e dous mrs.

ACOu, Bispo, 29

(...) con entradas e saydas (...) que as aian e devan a aver de dereito por tal condiçon que lavredes (...) ditos casares en maneira que non defalescan por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes ende de foro de cada anno a nos ou ao obispo que for polo tenpo da dita igleia d’Ourense a sesta parte do pan e do viño que deus y der, o pan na ayra et a conposta na vina et o viño eno lagaar, et por dereytura dardes por dia de San Martino de cadahun anno dous capoens et dous açunbres de vino e dous mrs. de brancos, et deçimo a deus e livres e quites de todo outro enbarguo. A qual novidade de pan e de vino que deus der nos ditos casares avedes de coller por nosso moordomo, o qual avedes de proveer de comer e de bever comunalmente mentre se coller a dita novidade. Et quiserdes vender, deytar ou sopinorar os ditos casares que os vendades, deytedes ou sopinoredes a nos ou a nossos suçessores ante ca a outro algun. Et se os non quisermos pollo iusto preço que outre por elles der enton que os vendades, deytedes ou sopinoredes a tal persona de quen nos e nosos successores possamos aver os foros et dereyturas sobreditas en paç e en salvo. Et obliguamos os beens da nossa mesa para vos anpararmos a vos e a vossa voç con os ditos casares para senpre a dereyto. Et eu o dito Alvar Sanches por min e polla dita miña muller et miña voç assi reçebo de vos o dito señor obispo os ditos casares commo dito he. Et para lavrar e parar ben os ditos casares et para paguar os foros e dereytos que se pellos ditos casares an de fazer, obliguo todos meus beens guaanados e por guaanar. Et si por aventura non lavrardes os ditos casares commo dito he, que o dito aforamento seia ninhun et que nos que os possamos tomar sen seerdes vos ou vossa voç frontados e aforarmos los de novo a outre a quen nos quisermos. Posto foy e outorguado ontre as ditas partes que a parte que contra esto veer e o non cunprir e agardar que peyte aa outra parte que o cunprir e agardar cent mrs. da boa moeda, et a pena paguada ou non esta carta fique firme e vala para senpre. Feita en Rante, trinta dias do mes de ianeiro, era de mil e trezentos e noventa e hun annos. Testemuyas que presentes foron don Bertran Bertranes arçidyaguo de Baronçele, don Uger de Pelagrua abbade de Castro Xereç, Lourenço Fabre coenguos da igleia d’Ourense, Gonçalvo Codeiro notario, Fernan Gonçalves Ougea, Vasco Nunes escudeiros do dito señor obispo.

Et eu Ruy Fernandes notario publico da çidade d’Ourense pollo bispo e polla igleia desse lugar que a esto presente foy e esta carta por mandado do dito señor obispo escrivi e meu synal y fige en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)