GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

112

1419, marzo, 15.
O Conello ordena arranxar e compoñe-las portas da cidade que o necesitasen.
O Concello levanta o preito homenaxe que fixera Esteban Rodríguez Varela, xurado que foi da cidade polas chaves da citada porta de Vasco Troco Abril, alcalde, que foi en mans de Ares Chantreiro.
Juan Raposo, cambiador, fai preito homenaxe polas chaves da porta da Trindade, en mans de Vasco Troco.
Juan Ares da Cana fai preito homenaxe polas chaves da Porta da Mámoa.
Juan de Mazarelas, fai preito homenaxe polas chaves da Porta de San Francisco.

(Á marxe: Mandamento dos procuradores)  

Dia quarta feira, quinse dias do mes de março. Sabean todos que seendo o conçello, alcalles, regidores e omes bõos, jurados da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que han de uso e de custume enno sobrado de notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, presentes ende Gomes Rodriges e Vaasco Troquo, alcalles, e Alvaro Afonso e Martin Galos, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana, jurados da dita çidade e en presença de min Roy Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines e dos testemoyas infrascriptos; enton os sobreditos mandaron a Garçia Rodriges e Juan Dominges, procuradores, que presentes eran, que adubasem e fezesen adubar e apostar as portas da dita çidade de aquelo que lles fezese mester e que lles seeria reçebido em conta. Testemoyas: Ruy de Neveiro, Ares Chantreiro, Garçia Gonçales Porra, Joan Garçia Onrrado, Joan Aras do Vilar, Pero Leiteiro, Joan Rodriges do Çequẽelo, Rui Nunes.
Predito.- Os sobreditos, alcalles e regidores quitaron o pleito e omenajẽe que Estevõo Rodriges Varela, jurado que fui da dita çidade tiiña feito por las chaves da porta e torre do Camiño, por quanto as presentava (e presentou) enno dito conçello Pero Varela juis de Luou, fillo do dito Estevõo Rodriges, as quaes chaves foron logo entregas en poder do dito Vaasco Troquo Abril, alcalle, o qual fezo por elas e por la dita porta e torre omenajẽe en mãaos de Ares Chantreiro, que estava presente e a del reçebeu. Testemoyas: os sobreditos.
Predito.- Juan Raposo, canbeador, feço pleito e omenaje por las chaves da Porta da Treydade en mãaos do dito Vaasco Troquo que a del reçebeu. Testemoyas, os sobreditos.  
Predito. Quitaron o pleito a Aras Peres da Caña, que era absente, o pleito e omenajen da porta e torre de Maçarelas, as quaes entrego a Vaasco Peres Abril, que feso por elas pleito e menajen en mãao do dito Vaasco Troquo que a del reçebeu. Testemoyas, os sobreditos.  
(Fol. 56 vº)
Predito. Juan Ares da Cana feso pleito e omenaje en mãao de Vaasco Troquo que a del reçebeu por las chaves e porta das maano (sic). Testemoyas, os sobreditos.
Predito. Juan de Maçarelas feso pleito e omenaje en mãao de Vaasco Troquo que a del reçebeu por las chaves et Porta de San Françisquo. Testemoyas, os sobreditos. Estas omenajes sobreditas se ha de notar en forma se for neçesario de se sacaren.