GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

57

1417, novembro, 26.  
O Concello require ós alcaldes para que fagan cumpri-las Ordenanzas e que en caso de que algunha persoa non as obedecese, foran executadas nos seus bens segundo as penas establecidas.

Viiente et seis dias do mes de novenbre. Sabean todos que seendo os alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago en consistorio enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, presentes Fernand Ares Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcalles enna dita çidade Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana, Gomes Rodriges, bachiller, Martin Galos, regidores et omes bõos da dita çidade et en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte et en todos los seus regnos et escusador por lo dito Rui Martines et das testemoyas adeante escritas, enton os ditos regidores et omes bõos, jurados frontaron et requiriron a os alcalles que fesesen cunprir et agardar as hordenanças que eran feitas et outorgadas por eles et por lo conçello da dita çidade sobre rason das vendiçoes que se vendian e vendiesen enna dita çidade et se y ouvese algũa persona ou personas que as non quisesen cunprir et agardar que fesese exsecuçon en seus bẽes por la pena contiuda ennas ditas ordenações et fasendoo asi os ditos alcalles que farian ben et dereito. En outra maneira que protestavan de se querelar deles a noso señor o arçobispo et se recreçese algũo dapno ou menoscabo ao dito conçello que eles o susubisen et pagasen todo por sy et por seus bẽes. Et os ditos alcalles diseron que eran prestes de faser a dita exsecuçon quando fosen requiridos por algũo dos visiños da dita çidade en aquelo que seu poder fose. Testemoyas Vaasco Peres Abril et Pero Leiteiro et Vaasco Troquo et Martin Fernando soligian, vesiños da dita çidade.