GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

93

1418, xullo, 18.
O Concello, por canto o arcebispo cando saíu da cidade ordenou que só quedasen abertas as portas do Camiño, Peña, Trindade, Faxeiras e Mazarelas, e que as demais portas e poxigos permaneceran pechados, manda que se consideren gastos os ocasionados en pechalas e arrombalas.

Dia lũus, dez e oyto dias do mes de julio. Sabean todos que seendo en consistorio os alcalles, jurados et regidores da çidade de Santiago enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Caña, alcalles e Afonso Fernandes Abril e Fernan Gonçales do Preguntoiro, regidores, jurados e homes bõos da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario e das testemoyas adeante escritas, enton os ditos alcalles e regidores, diseron que por quanto nosso señor o arçobispo quando daqui partira mandara que se çarrasen as portas da dita çidade salvo çinco27 que estevesen abertas, por ende e por que ellos entendian que era garda da dita çidade e proveyto comuun aos moradores dela, que mandavan e mandaron que estevesen abertas as portas do Camino e da Peña e da Triindade e de Fageiras e de Maçarelas e que todas las outras portas e postigos da dita çidade fosen çarradas e que os procuradores do dito Conçello, que eran presentes, posesen a custa que ouvese mester para se çarrar as ditas portas e para o adubeiro das outras portas que han de estar abertas e que lles seerian reçebido en conta. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes e Ares Chantreiro e Juan Ares Chantreiro e Afonso Dominges da Peña e Juan Gonçales da Cana e Garçia Oanes, Juan Fernandes da Cana.
 

27 Borrado: quatro.