GMH/ÍNDICE A-Z

123
1435, marzo, 20

Pero de Tourón e Juan de Piñón aforan por tempo de 10 anos as súas propiedades na freguesia de San Martiño de Justás por foro do cuarto do pan.

(f. 59)

Ano Domini Mº CCCCº trecesimo quinto, viinte dias do mes de março. Pero de Touron, por si et por sua moller, en hũa metade, et Juan de Pynoo, morador ẽna fiigresia de San Pero de Tanoiro, en outra metade, aforaron, por tenpo doje ata dez anos conpridos, o seu lugar, casas, casares, plantados de redeluus (?)que he ẽna fiigresia de San Martiño de Justaas, con suas herdades lavradias et asi de monte como a fonte, a Domingo Yanes d´Eira et a sua moller Tareija Rodrigues en hũa metade, et a Rodrigo Afonso de Moymenta, que he ẽno Ribeiro da Avea et a sua moller Tareija Esteves, ẽna outra metade, para que estes sobre ditos labren este lugar et as herdades del et as teñan çertas et manifestas etc. Et os ditos Pero de Touron et Juan de Pinoo hanlle de levantar as casas que lles feseren mester no dito lugar et desde ali eles teerenas cubertas et levantadas, et eso mesmo lavraren todas las herdades do dito lugar os ditos Domingos Yanes et Rodrigo Afonso et teerlas çertas et manifestas et dar aos ditos Pero de Touron et a sua moller et aos ditos Juan de Pinoo et sua moller o quarto de todo o pan que Deus der nas ditas herdades, o desimo ante a Deus pago de consũu, et partir por mandado dos sobre ditos; et os ditos Pero de Touron et sua moller halles de dar çinco vaquas femeas et o dito Juan de Pinoo quatro vaquas, et deven andar os cabos por los señores et das crianças deven ser o quarto dos lavradores; outrosi lles deven de dar dous bois mansos para labrar et outrosi lles deven dar des ovellas et des cabras et quatro porquos, os cabos por los señores et o quarto para os labradores; et anparar etc. Pena mill mrs. Testemoyas: Juan carpenteiro et Lopo Martis, oulives, Duran Fernandes, toneeiro.