GMH/ÍNDICE A-Z

26
1433maio, 11

Juan Fernández Agulla, veciño de Pontevedra, vende a Fernán Cerviño, mercader da vila, unha casa na Rua do Frumigeiro por precio de 400 maravedís.

(f. 11 v-12)

Honse dias do dito mes. Sabean todos que eu Juan Fernandes Agulla, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen por enganno resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo et firmemente outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Fernan Cerviño, mercador, visiño da dita villa, que sodes presente et a vosa moller Ynes Cervina, et a todas vosas vozes toda aquela mĩa casa, sotõo et sobrado, desimo a Deus, que esta ẽna Rua do Frumigeiro, fiigrisia de Santa Maria a Grande, a qual se ten por parede con outra bosa casa que de min conprastes, da hũa parte, et da outra parte se ten por parede con aa orta de ynes Alvares, moller de Pero Ares d´Aldãa, et vay topar en outro meu eixido et sal con portas aa dita Rua, et a qual a min perteesçe por meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que me perteesça de aver et herdar de dereito. Et vendo, como dito he, a dita casa con sua pedra, tella, ferro, madeira, et posos et jures et agoas vertentes et terratorio en que esta et todas suas entradas et seydas et perteenças et direituras que lle perteesçen // et perteesçer deven de dereito, conven a saber por contia de quatroçentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes quatrosentos maravedis da dita moeda eu de bos resçeby et ey ja en meu jur et poder ben et conpridamente et sen mingoa algũa et renunçio a ley de non numerata pecunia et a toda outra eixençon et leis et dereito que nunca ende diga o contrario em juisio nen fora del et se o diser que me non valla. Et se mais bal a dita casa, que vos asi vendo, toda esta mayosia que mas bal vos dou et outorgo en pura, justa, et sãa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre bivos et todo jur, senorio, posison, propiadade, vos, dereito et auçon que eu ey et aver devo en esto que dito he, que vos vendo, de min et de todas mĩas voses o tiro et tollo, et en vos o dito Fernan Cerviño et bosa moller et bosas voses o ponno et trapaso et removo por esta presente carta de venda que vos ende delo dou et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, et quero et outorgo que desde oje este dia endeante vos et a dita vosa moller et vosas voses posades entrar et resçebir a dita casa que vos asi bendo, et faser dela et en ela toda vosa libre voontade como de vosa cousa propia sen meu enbargo et de todas mĩas vozes, et prometo et outorgo de vos defender et anparar con esto que vos vendo de todo enbargo por senpre por min et por todos meus bees que vos a elo obligo, et so pena do doblo da dita contia que outorgo de vos peytar por pena se o asi non tever et conprir et contra elo viir, et a pena pagada ou non, esta carta de venda et o en ela contiudo, este senpre firme. Et eu, o dito Fernan Cerviño, que soo presente, por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes asi o resçebo. Ts. que foron presentes: Ruy de Nantes et Garçia Rodrigues, seu criado, armeiros, et Martin Lestedo, criado de min, notario, et outras.

Feita.