GMH/ÍNDICE A-Z

211
1333, febreiro, 3
venda

Vivián Pérez, dito Rei, véndelles a Miguel Pérez, dito Carreteiro, e á súa muller, Mariña Pérez, moradores en Gustei, unha cortiña en Cabo de Vila, foreira de medio ao cabido, por 8 libras.

ACOu, Escrituras XIV, 105

Era de mill e ccc lxxi anno, quarta feira, iii dias de fevereiro.

Saban quantos esta carta viren que eu Vivian Perez dito Rey vendo e logo por esta presente carta entrego a vos Migel Perez morador en Gostey dito Carreteiro e a vossa moler Marina Peres e a toda vossa vos pera senpre a mina cortina que yat en Cabo de Vila que yat ontras vossas. Vendo a vos essa cortiña sobre dita libre e quita de todo octro enbargo per tal preito que façades dela foro de meo ao cabido d’Ourensse. Vendo a vos essa cortina sobre dita por prezo nomeado que a min e a vos aprouo, conven a saber viii libras de portugueses de que me logo dou e octorgo por ben pagado e son ja en meu jur e en meu poder e octorgo que se mais val acesta cortina ca esto que me vos a min por ela dades dovola en doacom por moito amor e aiuda que de vos ricebi que est melor et val moito mais ca esto, e quen quer da mina parte ou da estraia que vos contra esta carta e vindicon que vos eu faço quisser passar e o non atender aia a ira de deus e a mina maldiçon e pecte a vos de pena quanto demandar dobrado e a vos del rei cen mor. e a carta fice firme e vala para senpre. Testimonias que presentes foron Domingo Paz prelado de Sancta Salvador de Barbantes, Joan Domingues filo de Domingo Pas da Careira, Domingo Perez de Prados.

Eu Francisco Peres notario jurado de Buval e de Castella e do Bolo de Senda por Affonso Anes notario del rey que a esto pressente foi e a praser das partes esta carta escribi et este sinal y puge semelante o do dito notario que tal este en testimonio de verdade.

(sinal)