GMH/ÍNDICE A-Z

455
1344, setembro, 14. Lugo
Tareixa González dóalle á súa filla Leonor unha porción do couto de Vilariño mais todo o que posúe en Santalla de Bóveda, couto de San Pedro de Narla e As Camoiras, freguesías de San Salvador, San Pedro e Santo Estevo de Vilalvite.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 50v, traslado polo notario Afonso Fernández: 1347- -VIII-8, traslado polo notario Arias Pérez: 1360-I-30.
Sabeam quantos esta carta virem commo eu Tareyia Gonçalves, muller que fuy de Ruy Vaasques de Baamonde, de minna propia voontade dou et outorgo para senpre por iur de herdade a vos minna filla, Lionor Rodrigues, en casamento con Ruy Lopes d’Aguiar, cavalleyro, en aquella maneyra que mellor pode et deve valer de dereyto, a quarta parte do couto de Villarinno et a disima d’outra quarta con todos los herdamentos outros que eu y aio et me perteesçen et perteesçer deven por parte de minna avoa, dona Tereyia Rodrigues de Paradela, et que eu y comprey et gaaney con o dito meu marido, Ruy Vaasques, que son sub signo de Santa Alla de Bobeda de Goyos. Outrossy vos dou mays, en casamento con o dito Ruy Lopes, todo o quinon que eu aio et me a min perteesçe por parte da dita minna avoa, dona Tareyia Rodrigues, enno couto de Sant Pedro de Narla, et ennas Camoyras, sub signos de Sant Salvador et de Sant Estevoo et de Sant Pedro de Villalvite; os quaes herdamentos sobreditos vos dou, commo dito he, con seus iglesiarios et sennorio et con suas casas et arvores et con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, per ut quer que vaan, segundo que as eu aio et me mellor et mays compridamente perteesçen, et renunço et prometo a a boa fe et faço juramento a os santos avangeos, que tango corporalmente con minnas maos, que nunca esto revogue nen venna contra ello por min nen por outren en juyso nen fora del, et se o faser ou tentar de o faser outorgo et mando que me non valla nen seia oydo sobrelo en ninhuna maneyra, et demays que vos peyte por nome de pena mill moravedis desta moneda del rey don Afonso, et esta carta fique valiosa; et por pagar a dita penna se a perder vos obligo todos meus bees. Et que esto seia çerto roguey a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo quatorse dias de setembre, era de mill et tresentos et oyteenta et dous annos.

Testemoyas que foron presentes: Aras Peres de Santa Martha; Affonso Domingues da Crus, visinno de Lugo; Johan Vermues, clerigo de Carral; Pedro Gomes de Carral, freyre da orden de Santiago; Estevoo Rodrigues et Andres Aras, piliteyros, visinnos de Lugo.

Et eu Fernan Garçia, notario publico de Lugo dado por auctoridade do bispo dese lugar, a esto presente fuy et vi a dita Tareyia Gonçalves faser o dito juramento sobre santos avangeos, commo dito he, et a seu rogo esta carta scrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Afonso Fernandes, notario publico del rey enna çibdade de Lugo, vy et lii a dita carta scrita en pulgameo enno tenor sobredito et signada con signal de Fernan Garçia, notario de Lugo sobredito, et a rogo de Ruy Lopes sobredito et con auctoridade de Domingo Martines, alcallde de Lugo, que vyu a dita carta et me deu auctoridade que a trasladasse et que este traslado valuesse et fesesse fe du paresçesse asy commo o original dela, a dita carta en minna presença fis traslladar et en este trasllado puge meu signal.

Feyto o dito traslado oyto dias de agosto, era de mill et CCC LXXXV annos.

Testemoyas: Johan Domingues et Françisco Fernandes, escrivaes, et Pedro Mourin, alfayate.

Et eu Aras Peres, notario publico enna audiençia do onrrado padre et sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, dado por auctoridade do dito sennor obispo, vy et lii o dito trasllado da dita carta scrito en pulgameo et signado con signal de Afonso Fernandes, notario de Lugo, et a rogo do dito sennor obispo et con auctoridade de dom Lopo Domingues, juys, que vyu o dito trasllado et o examinou diligemtemente, o dito trasllado vervo por vervo aqui trasladey, a o qual trasllado o dito juys deu auctoridade que valuesse et feçesse fe ut quer que paresçesse assy commo o original del.

Que fuy feyto en Lugo triinta dias de janeyro, era de mill et treçentos et noveenta et oyto annos.

Testemoyas: dom Alvar Rodrigues, thesoreyro; Johan Dias; Thomas Gonçalves; Diego Martines; Ruy Gonçalves, coengos de Lugo.