GMH/ÍNDICE A-Z

126
1317, maio, 15
testamento

Traslado de cláusulas do testamento de Pedro Domínguez.



ACOu, Clérigos do Coro, 113

Enno nome de deus amen. Era de mill e tresentos e çinquoenta e çinqo annos, xv dias de mayo. Eu Pero Domingues dito Negro, jazendo con gran dolor enno meu corpo pero con todo meu sisso e meu entendemento, que depoys da miña morte non veña contenda sobre meus beens faço e ordino delles meu testamento en esta maneyra: Primeyramente mando myna alma e Jhesu Cristo deus verdadeyro e aa virgen Santa Maria sua madre e a toda a corte çelestial e mando soterrar meu corpo enno çimyterio de San Martino. Iten mando aos clerigos do coro os tresentos soldos de portugueses e dous capoes que eu conprey de Garçia Peres dito Burses e que me a a dar cada anno por dia de Natal Estevoon Lourenço capelan da Triindade. Et estes clerigos que me aian en mente en suas oraçoens e que me digan cada anno en outro dia de Natal huna missa por myna alma e pollas almas daquelles de que eu ouve alguna cousa. Et faço herees en todollos outros meus beens assy moviles commo reys Affonso meu fillo e fillo ou filla se deus quiser que y veña de Esteveyna Peres miña moller. Et faço reytores e conpridores deste meu testamento frey Pero de Canba e Affonso Domingues meu yrmaao et que o cunpran pellos meus beens e sen seu danno. Et quero e mando que este seia meu testamento e myña pustrimeira voontade, e se non valuer commo testamento que valla commo codiçillo ou commo outra escriptura feyta por notario ou por escripvaans. Et quen quer que contra este meu testamento veer en parte ou en todo que perca quanto lle en este meu testamento for mandado e peyte aa vos del rey mill mor. da boa moeda e este testamento fique firme e valledeyro para por senpre. Tests. frey Pero de Canba, frey Lourenço frades do moesteiro de San Françisco d’Ourense.

E eu Domingo Eanes Cougill notario jurado enna çidade d’Ourense pollo bispo e polla igleia da dita çidade que a esto presente fuy e en myña presença o fis escrivir por mandado e outoridade de Affonso Vivyaes coengo e chançeller da igleia d’Ourense e en este testamento poño meu nomme e meu signal que tal he.

Este he trallado de una crasula do testamento de Pero Domingues dito Negro feito por min Domingo Eanes Cougill notario d’Ourense, a qual eu en mina presença fiz tralladar por mandado de don Pero de Barreiros chantre da igleia de Ourense e en esta vigario do onrrado padre e señor don Gonçalvo polla graça de deos bispo de Ourense e en este trallado poño meu nome e meu signal que tal he.

(sinal)