GMH/ÍNDICE A-Z

103

1418, novembro, 21.
Domingo Longo declara ter dado pregón do asunto anterior.
Pesquisa realizada polos alcaldes, na casa do mordomo da cidade, Juan Pica, sobre a fuga de Lopo do Graval.

Despoys desto, dia lũes viinte e hũu dias do dito mes de novenbro, o dito Domingo Longo, dou testemoyo que lançara o dito pregon por las praças da dita çidade a pedimento do dito Pero Leiteiro. Testemoyas, Gomes Rodriges bachiller, e Martin Galos e Juan Ares da Caña jurados enna dita çidade.  

Dia lũus viinte e hũu dias do mes de novenbro. Sabean todos que estando Martin Galos e Juan Ares da Cana, alcalles enna çidade de Santiago, ennas casas de morada de Juan Piqua, moordomo enna dita çidade e estando ende presente Costança Fernandes, moller do dito Juan Piqua e en presença de min Fernan Yanes, notario etc e scusador etc e das testemoyas adeante scriptas enton os ditos alcalles fezeron pregunta aa dita Costança Fernandes que era de Lopo de Gravãal que fora preso en cadea e posto en poder do dito Juan Piqua como moordomo da dita çidade. Et a dita Costança Fernandes respondendo, disso que o dito Lopo de Gravãal fogira da dita cadea. E os ditos alcalles feseron pregunta a a dita Costança Fernandes onde era o dito Juan Piqua seu marido e ela diso que era ydo a buscar //  
(Fol. 53)
ao dito Lopo de Gravãal para o tornar aa dita cadea se o podese achar. Et logo os ditos alcalles diseron que por quanto eles foron e eran requeridos por parte de Gomes de Rial, acussador o dito Lopo de Gravãal que procedesem enno negoçio sobre que fora preso e eles viinan a darlle audiençia e o non achavan por seer fogido, segundo que a dita Costança Fernandes dezia, que protestavan e protestaron que a culpa non fose deles e que noso señor el rey e o arçobispo de Santiago e seus ofiçiaes se tornasem por elo ao dito Juan Piqua, carcereiro e a seus bẽes; e desto en como pasou os ditos alcalles pediron a min o dito notario e scusador que o dese asi signado para garda do seu dereito. Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Ares Chantreyro e Afonso do Bando anro do dito Juan Piqua e Juan Rodriges, ome do dito Martin Galos.