GMH/ÍNDICE A-Z

497
1397, agosto, 17
foro

Os clérigos do coro afóranlles a sete voces a Gonzalo de Ameres, criado do abade da Trindade, e á súa muller, Aldonza Iáñez, unhas casas con sobrados e adega na rúa do Pumar por 26 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 29

Sabean quantos esta carta viren commo nos a oniversidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense estando juntados açerca da igleia de Santa Maria Madanela da dita çibdade, presentes y Martin Anes clerigo procurador da dita oniversidade e Johan Fernandes e Vaasco Çide e Johan Fernandes de Velle e Roy Lourenço dobreiros e Johan Fernandes capelan de Santa Ouffemea e Fernan Anes e Afonso Fernandes capelan de Santa Maria a Madre e Pero Fernandes sancristan e Johan de Souto e Johan da Agoada e Roy do Pe, Pero Anes de Ribela e Johan Fernandes e Pero Anes de Peñor e Gonçalvo de Pereyras, Pero Anes e Pedr’Ares, Garçia Gonçalves, Iohan de Canbeo, Afonso Rodrigues, Pero Boon, Gonçalvo fillo de Martin Domingues, Gonçalvo de Toubes clerigos do coro da dita igleia d’Ourense, todos concordantes e nihun non contra disente, damos e outorgamos a foro a vos Gonçalo d’Ameres morador na çibdade d’Ourense, criado de don Fernan Peres abbade da igleia da Triindade que sodes presente et a vosa muller Aldonça Anes que non he presente et a sete vozes apus o finamento do postrimeiro de vos, qual o postrimeiro de vos nomear en sua vida ou ao tenpo de seu finamento, et non sendo nomeado que seia a primeira vos aquel ou aquela que herdar os beens do postrimeiro de vos de dereito et asy vaan as ditas sete voses huna pus outra suçesive. Conven a saber que (vos aforamos) hunas casas con seu sobrado e adega que a dita oniversidade ha en Ourense na rua do Pumar que demarcan da huna parte con outras casas que ora ten e persuye Afonso Oulives o moço et da outra parte con hun soar de casa que foy de Garçia Dias coengo que foy d’Ourense et entestan en casas e adega de Johan Mallo et teen as portas na dita rua publica do Pumar, et as quaes perteesçen aa dita oniversidade por manda que lle delas feço Gonçalvo Fernandes clerigo do coro da dita igleia d’Ourense que foy, por tal maneira e condiçon que as apostedes e reparedes de pedra e tella e madeyra, a meatade delas en vossa vida de todo o que lles conprir, e a outra meatade a an de teer e manteer e reparar Eynes de Feente en sua vida, e ao tenpo de seu finamento da dita Eynes de Feente que vos fiquen as ditas casas e adega todas enteyramente livres e quites e desenbargadas dela e de seu heree a vos e aa dita vosa muller e voses, et dende endeante que as mantenades et repararedes do que lles conprir en tal maneira commo non defalescan por mingoa de boon reparamento e salvo se faleçeren por trave britada ou por fondamento de parede ou se perderen por outro caso fortuyto nihuun. Et dedes ende de foro en cada huun anno aa dita oniversidade en toda vosa vida porla meatade das ditas casas trese libras de dineiros brancos da moeda husual de que contan viinte soldos por huna livra ou a estimaçon deles na moeda que correr. Et aa morte da dita Eynes de Feente que paguedes vos e a dita vossa muller e voses por todas las ditas casas e adega viinte e seis libras da sobre dita moeda, et pagaredelas en cada huun anno por dia de San Martiño do mes de nove(n)bro et começaredes a faser a dita paga das ditas trese libras por dia de San Martiño do dito mes de novenbro que se siguera no anno do nasçemento do noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e oyto annos, et dende endeante porlo dito dia segundo dito he, et disemo a deus livres e quites de todo outro enbargo, çenso, tributo e encarrego algun. Et se quiserdes vender, deytar ou supenorar ou eallear as ditas casas ou parte delas que primeiramente frontedes con elas aa dita huniversidade ou a seu procurador e nolas dedes porlo justo preço que outro por elas der ante ca a outro algun, et non as querendo nos ou noso procurador por ese preço reçeber que enton as vendades, deytedes ou supenoredes ou ealleedes a atal pesoa que seia semellavil de vos que aposte e repare as ditas casas e dia e pague en cada huun anno aa dita oniversidade ou a seu procurador as ditas viinte e seis libras ao dito dia de San Martiño e cunpra e agarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et obrigamos os beens da dita oniversidade avidos e por aver para vos anparar e defender a dereito a vos e aa dita vosa muller e vozes con este dito aforamento. Et outrosy que non posades faser manda nen aniversario vos nen as ditas vosas vozes por este dito foro a igleia nen moesteiro nen a outro lugar piadoso por vosa alma, salvo aa dita oniversidade. Et eu o dito Gonçalvo d’Ameres que soon presente por min e por la dita miña muller que non he presente et porlas ditas nosas vozes asy reçebo de vos as ditas casas e adega aforadas porla maneira e condiçoens sobre ditas, et para as apostar e reparar na maneira que dita he e pagar as ditas trese libras em vida da dita Eynes de Feente et despois de sua morte as ditas viinte e seys libras et conprir e agoardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obrigo a vos todos meus beens e da dita miña muller e vozes moviles e rayses gaañados e por gaañar. Posta foy e outorgada penna entre as ditas partes que qual quer delas que contra esto pasar e o non conprir e agoardar que peyte aa parte que en elo estever e o conprir e agoardar quiser por nomme de penna dusentos mrs. da dita moeda, et a dita pena pagada ou non esta carta e aforamento e todo o que en ela he contiudo valla e fique firme (...) des e sete dias do mes dagosto, anno do nasçemento do nosso (...) e noveenta e sete annos. Tests. que foron presentes (...) e Rodrigo Afonso fisico e Fernan (...).

Et eu Nuno Gonçalves notario (...) et en mina presença o fis escripvir (...) e meu signal fis em testemunyo (...).

[reverso] Carta das casas que estan açerqa da Trindade
cabo do yspital da Trindade, que ten Gomes
das Figueiras clerigo.



Materias

abade; adega; alcume; branca; cabido; canon foral; capela; capelán; casas; cóengo; construción; construción; coro; crego; criado; décimos; diñeiros; doazón; doazón; dobreiro; esposa; esposo; familia; festa; fillo; físico; herdanza; hospital; igrexa; libra; linde; madeira; marabedí; medidas; mosteiro; notario; obrigación; pai; pedra; pena; porta; porta; procurador; rúa; sancristán; soar; soldo; tella; trabe; confraría

Persoas

Afonso Fernández, capelán; Afonso Ourive, o mozo; Afonso Rodríguez, crego do coro de Ourense; Aldonza Eáns; Fernando Eáns, capelán; Fernando Pérez, abade da Trindade de Ourense; García Díaz, cóengo de Ourense; García González, crego do coro de Ourense; Gómez das Figueiras, crego; Gonzalo de Ameres, criado; Gonzalo de Pereiras, crego do coro de Ourense; Gonzalo de Toubes, crego do coro de Ourense; Gonzalo Fernández, crego do coro de Ourense; Gonzalo, crego do coro de Ourense; Inés de Fente; Martiño Domínguez; Nuno González, notario; Pedro Ares, crego do coro de Ourense; Pedro Bo, crego do coro de Ourense; Pedro Eáns de Piñor, crego do coro de Ourense; Pedro Eáns de Ribela, crego do coro de Ourense; Pedro Eáns, crego do coro de Ourense; Pedro Fernández, sancristán; Roi Afonso, físico; Roi Eáns do Pe, crego do coro de Ourense; Roi Lourenzo, dobreiro de Ourense; Vasco Cid, dobreiro de Ourense; Xoán da Aguada, crego do coro de Ourense; Xoán do Souto, crego do coro de Ourense; Xoán Fernández de Velle, dobreiro de Ourense; Xoán Fernández, capelán; Xoán Fernández, crego do coro de Ourense; Xoán Fernández, dobreiro de Ourense; Xoán López de Cambeo, crego do coro de Ourense; Martiño Eáns, crego do coro de Ourense

Outros

Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Ourense; Piñor; Ribela; Velle