GMH/ÍNDICE A-Z

11
1433, abril, 19

Juan do Rego, morador na freguesia de Santa Maria de Alba, recoñece que debe a Gonçalvo Fernández de Barragaans, 282 mrs., que éste lle prestara. Obrígase a pagalos antes do día de San Martiño de novembro.

(f. 7)

Predito. Sabean todos que eu Juan do Rego, morador ẽna fiigresia de Santa Maria d´Alba, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos Gonçalvo Fernandes de Barragãas, que sodes presente, dosentos et oytenta et dous mrs. da moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos CCLXXXII mrs. da dita moeda me vos enprestates por nos faser amor et graça et os eu ja en meu jur et poder et renunçio etc... et se o dizer etc... Et os quaes ditos dosentos et oytenta et dous mrs. da dita moeda vos prometo et outorgo de dar doje este dia ata dia de San Martiño do mes de novenbro primeiro que ven por min et por todos meus bẽes et so pena do doblo et ante me obligo etc... et a pena etc... Et eu o dito Gonçalves Fernandes, que soo presente asi o resçebo. Ts. Afonso Suares, caldereiro, et Juan de Deus, toneiro, et Gonçalvo Fernandes, seu yrmão et et outros.