GMH/ÍNDICE A-Z

129
1457

-129-

Rretificaçõ.

XXXJ (37R)

Ẽno dito porto de Rriãjo, XXVIIJº djas do dito mes, ano4 dito. Como4 eu, Gonçaluo Ta/noyro, morador en Santa María d'Eruõ, que he çerca de Padrõ, que faço por mj e por / mjñas boses, herdeyros e soçesores, por rrasõ que mjña avoa Tareyia Martíns, moller / que foy de Pero Afonso do Caruallo, moradora en Ourolo, ẽna freigresja de Sã Salua/dor de Taragoño, feso çerto426 traspasamento e cõcãbio cõ Rroý / Ferrnandes de Camaño427 do seu casal de Ourolo e de todo o que por rrasõ del le perteesçía / porla metade do casal de Bretal, que he ẽna freigresja de Santa María / d'Oliueyra, casas, casares, herdades e chãtados e outras cousas que lle / perteesçíã ao dito medio casal; por ende, eu, como4 neto e herdeyro legítimo / da dita Tareyia Martíns, mjña aboa, outorgo e coñosco que cõsjnto ẽno dito cõcãbeo / e traspasamento e lo aprouo e rretefico e ey por bõo, firme, estable4 e / valedeyro e o outorgo segundo e como4 e porla vía, forma e maneyra / que a dita mjña aboa4 o fiso e outorgou por ante notario; e prometo de nõ // yr contra elo, por mj nẽ por mjñas boses, en algũu tenpo nẽ por algũa / rrasõ, so obligaçõ de todos meus bees que para elo obligo4 e so pena4 / de çent flori]is d'ouro de peso e do cuño de Aragõ, que peyte se contra elo / for, (e) et çétera. Outorgo carta firme qual feser e ordenar o presente notario cõ poder / a los juíses e rrenũçiaçõ de todas leys, et çétera. Testigos: Jon Pereyreyros / e Afonso de Querentes, o Moço, e Rroý Dominges e Afonso Çapateyro, moradores en Rriãjo.

Leuoa Jon Sequo428.

__________

4. Leva un trazo sobre a palabra.
426. Despois está riscado cõcanbi
eo.
427. Despois está riscado do seu casal, casas, casares, herdades  e chãtados / da súa metade do casal de Bretal, así casas, casares e herdades / e chantados, a mõtes e a fontes, e todas súas perteẽças e dereyturas.
428. Inseriu a nota de saca na marxe inferior do fol. 36V
.