GMH/ÍNDICE A-Z

156
1316, maio, 23. Lugo
Lope Núnez de Montenegro dá por saldada a conta pendente entre o seu pai e o bispo de Lugo.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 143x140 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Lopo Nunes de Montenegro outorgo et conosco que reçeby de vos ho onrrado sennor don frey Iohan por la gracia de Deus, bispo de Lugo, çento et setaenta terças de pam minnos huna, que foron vendudas a onse moravedis a terça que montan mill et oytoçentos et sesaenta moravedis minnos hun; o qual pan sobredito me pagastes dos dous mill moravedis que vos deviades a Pedro Nunes, meu padre que foy, que vos enprestara en Lugo por que lle obrigarades o vosso çeleyro de Rovra, et outorgome del por entrego et ben pagado, et dos moravedis que el montou; et renunçio que nunca vos demande o pam sobredito en nehun tempo nen os moravedis que el montou segundo dito he.

Et que esto seia çerto roguey a Pedro Yanes, notario publico dado por lo bispo de Lugo a o conçello desse mysmo lugar, que fesesse ende esta carta.

Que foy feyta XXIII dias de mayo, era de mill et CCC et çinquaenta et quatro annos.

Testemoyas: don Martin Yanes, dayan de Lugo; don Fernan de Deus, chantres desse lugar; Fernando Nunes das Camoyras, Gomes Alvares, Areas Nunes de Costante, Vaasco Peres, Gonçalvo Yanes de Cotay, Martin de Cayon ts., et outros.

Eu Pedro Yanes, notario sobredito, a esto presente fuy et esta carta escrivi et puge en ela meu sinal en testemoyo de verdade.(+).