GMH/ÍNDICE A-Z

28
1304, abril, 28

Lope Pérez e a súa muller véndenlle a Pedro Fernández media herdade no casal d'Eldonçares, Santa María de Neira, por 220 marabedís. Deseguido, Pedro Fernández véndelle parte do comprado a Nuno Álvarez por 220 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/5, perg. orix., galego, gótica cursiva, 110x285 mm.

Dous dias por andar de abril, era de mill et CCC XLII annos. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Lopo Peres de Neyra con minna moller Mayor Eanes quitamonos a vos Pedro Fernandez dyto Greynon, da meatade de quanta erdade et voz nos aviiamos de vos comprado et de vossa moller enno cassal d'Eldonça Eres que e en Neyra, con todas suas dereyturas et pertenenças peru quer que vaa su signo de Santa Maria de Neyra, et su signo de Santa Ouffemea de Villar Moesteyro, por duzentos et viinte moravedis da moneda branca que mandou façer el rey don Fernando, dos quaes resebiemos de vos en dyneiros feytos de que nos

outorgamos por ben pagados, et des oie este dya a tyramos de nosso iur et de nosso poder et a metemos enno vosso, et renuçamos toda eyçeison et todo dereyto que nos contra ella ouvessemos que a nos non preste en iuyço nen fora de iuyço, nen a vos non enpeesca en nenunna maneira. Et mays outorgamos que se veer en verdade que nos desta erdade deste cassal sobredito en nehun lugar, peru quer que ella vaa, vendemos ou sopinoramos ou enalleamos en nenunna maneira dos que a de vos compramos cuio es, aqui outorgamos de a lyvrarmos sempre a dereyto pelo al que ouvermos salvo de Nuno Alvares et de Orraca Viviaes. Et porque isto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Fernan Peres, notario publico del rey enna Pobla de San Jullao, que vos desse ende esta carta et possesse en ella seu sinal.


Testemoyas: Afonso Pelaes de Neyra et Iohan Peres de Paredes, clerigo; et Iohan Iohannes de Neyra et Rodrigo Ferrnandes de \Villa/ Sante, et Areas Peres do Castro de Sant Andre.


Eu Fernan Peres, notario sobredito, foy presente et por rogo dos sobreditos Lopo Peres et sua moller fis esta carta et pus en ella meu sinal en testemoyo de verdade.

SIGNO

Era de mill et CCC XLII annos, dous dias por andar de abril. Conosçuda coussa seia a quantos esta carta viren commo eu Pedro Fernandes dyto Greynon de Pallares, vendo a vos Nuno Alvares et a vossa moller Orraca Vivyaes de todo o cassal Delçaeres que e en Neyra et en San Jullao, da unna sessma del a sessma, et da una quarta et mea d'outra sessma a sesma, con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, peru quer que a possades achar, su signo de Santa Maria de Neyra et de Santa Euffemea de Villar Moesteyro, assi igleriario commo leigario, a qual erdade et vos eu y aio per voz de meu padre Fernan Iohannes; et reçebi de vos preso por esta venzon duçentos et viinte moravedis a oyto en soldos cada moravedi da moneda branca que mandou faser el rey don Fernando, dos quaes me outorgo por ben pagado et outorgovos anparar con esta venson a todo tenpo per min et per todas minnas boces.

Testemoyas: Lopo Peres de Neyra et Affonso Peláez et Iohan Iohannes et Iohan Peres de Paredes, clerigo.

Et eu Fernan Peres notario publico del rey na Pobla de San Jullao foy presente et por rogo das partes fis esta carta et pus en ella meu sinal en testemoyo de verdade.

SIGNO