GMH/ÍNDICE A-Z

293
1333, xullo, 30
Afonso López véndelles a Gonzalo García e á súa muller a terceira parte do casal de Matelo, nas freguesías de Santa María de Alta e San Vicente do Veral, por 280 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/10, perg. orix., galego, gótica cursiva, 175x104 mm, traslado polo notario Roi Fernández: 1333-X-12, Lugo.

Era de mill et CCC LXXta et hun anno, XXX dias do mes de julio. Sabeam quantos esta carta virem commo eu Affonso Lopes Ribeyra vendo a vos, Gonçalvo Garçia de Santa Maria Alta, et a vosa muler Costança Lopes, minna yrmaa, a terça parte do casal d’erdade de Matello, que foy de don Pedro Oares, per hu quer que vaa, sub signo de Santa Maria Alta, et de San Viçenço de Deral, con suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, igleiario et leygario. Et reçibi en preço, duçentos et oyteenta moravedis desta moeda, de que soo ben pagado. Et obligo etc... Testemoyas: Pedro Vidal, clerigo de Freyxeo; Aras Vaasques, Estevoo Ferrnandes, Vaasco Rodrigues, homes do archidiago, ts.

Et eu Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, vi a nota da carta sobredita escripta enno rigistro de Vaasco Ferrnandes, notario no couto Novo de Pallares, en terra de Servian, enno tenor sobredito, et escripta por sua mao segundo enno dito rigistro pareçia, et por mandado et auctoridade de don Pedro Iacome, iuys de Lugo, et a rogo da dita Costança Lopes que feço iuramento a os santos avangeos que avia pagado o preço sobredito que dera por la dita herdade, vervo por vervo a dita carta do rigistro sobredito trasladey, non eadendo nen minguando nehuna cousa por que a sustançia da verdade podese seer mudada, et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feyto en Lugo XII dias de outono, era sobredita.

Testemoyas: Pedro Ferrnandes de Portomarin, clerigo; Affonso Ferrnandes, clerigo; Affonso Martines, et Vaasco Ferrnandes et Pedro Escrivan, omes do dito juys, ts. (+).