GMH/ÍNDICE A-Z

599
1353, novembro, 30. Lugo
Aldara Pérez e Einés González dóanlles ao obispo e á igrexa de Lugo todo o que lles pertence na freguesía de San Martiño de Furoes e reservan para si o usufruto mentres vivan.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 45v.

Era de mill et CCCos et noveenta et hun annos, triinta dias do mes de novembre.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Aldara Peres, filla d’Arias Peres de Ruviaes et de Tareyia Vaasques d’Onbreyro, et eu Eynes Gonçalves, filla de Meem Gonçalves de Pineyro et de Elvira Gomes, non seendo costringidas por força nen duçidas por engano de nossa propia voontade damos a vos dom frey Pedro Lopes da ordem dos preegadores, por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et confessor do moy nobre sennor rey dom Pedro, et a vossa iglesia de Lugo para senpre iamays por iur de herdade, toda auçon et dereyto que nos avemos et nos perteesçe d’aver en qualquer maneyra en todos los herdamentos et iures et posissoes, et cassas et arvores et formaes, a monte et a fonte, per ut que que vaan sub signo de San Martino de Furoos, os quaes herdamentos a min, a dita Aldara Peres, perteesçen por dom Vaasco Peres, mestrescolla que foy de Lugo, meu [...] que foy, et a min a dita Eynes Gonçalves perteesçen por compras que fige ennas ditas herdades, que foron do dito mestrescolla, en Furoes sub o dito signo; con tal condiçon que nos, as ditas Aldara Peres et Eynes Gonçalves, tennamos en nossa vida et levemos husso et froyto dos ditos herdamentos segundo nos perteesçe por cabeça, et a noso finamento d’anbas et de cada huna de nos que o iur et propiedade et husso et froyto di endeante fique livre et quito et desenbargado a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia, et se alguns dos meus fillos de min, a dita Aldara Peres, hussar destes ditos herdamentos et cousas sobreditas despoys de minna morte que o hussen por vos, o dito sennor obispo, et polla dita vossa iglesia en tal guissa que dem dos ditos herdamentos tamanna renda commo outro der, que seia sen maliçia, ou a lavren segundo a quiser lavrar outro lavrador. Et nos, as ditas Aldara Peres et Eynes Gonçalves, que presentes somos por esta presente carta poemos a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vossa iglesia enno iur et possisson et propiedade dos ditos herdamentos, et toda coussa que nos delles posuyrmos d’aqui adeante connosçemos que os possuymos por vos, o dito sennor obispo, et polla dita vossa iglesia precario, et iuramos a os santos avangeos, que tangemos corporalmente con nossas maos, en presença do notario et das testemoyas que nos por nos, nen por outre, caladamente nen espressamente, non vaamos contra estas ditas coussas nen contra cada huna dellas en juyso nen fora del, et se o fesermos anbas, ou cada huna de nos, ou tentarmos de o façer outorgamos et mandamos que non valla en juyso nen en fora del, et obrigamos nos et todos nossos beens de nunca viir contra ello.

Et nos, o dito sennor obispo, assy reçebemos de vos as ditas, Aldara Peres et Eynes Gonçalves, toda auçon et dereyto et iur et propiedade que vos avedes ennos ditos herdamentos et coussas sobreditas para nos et para a dita nossa iglesia.

Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos, as sobreditas Aldara Peres et Eynes Gonçalves, mandamos et rogamos a Roy Gonçalves, raçoeyro, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta para vos, o dito sennor obispo, et para a dita vossa iglesia.

Que foy feyta en Lugo era et dias sobreditas.

Testemoyas que a esto presentes foron: frey Gonçalvo Eanes de Castroverde; frey Affonso Galvan, freyre do moesteyro de Sant Domingo; frey Iohan, companeyro do dito sennor obispo; Gomes Peres de Bobeda; Roy Peres de [...]; Alvar Gomes de Bobeda; Lopo Alvares, et outros.

Et eu Roy Gonçalves, raçoeyro, notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo, con as ditas testemoyas a esto presente foy et a rogo das sobreditas Aldara Peres et Eynes Gonçalves esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.