1377, xuño, 5. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao cóengo Fernando Pérez e a dúas voces dúas
casas situadas nas cortiñas de San Román por renda anual de 32
marabedís.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de
Santa Maria de Lugo seendo iuntados enno coro da dita iglesia en
capitullo por campaa taniuda, segundo avemos de usso et de custume,
afforamos a vos Fernando Peres, coengo de Lugo, por vosa vida et de
outras duas perssoas, huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear
a perssoa que vos nomeardes em vosa vida ou a tempo de voso
finamento, as nosas duas cassas, que som dos aniversarios, que estan
enna çiudade de Lugo enas Curtinas de San Romao a o travado, sub
signo da capella de Santiago de Lugo, ennas quaes casas ora mora
Iohan Miguelles, piliteyro, et seu fillo, Afonso Yanes, as quaes
casas estan da huna parte a par de outra casa de San Bertolameu, et
da outra parte outra casa nosa dos ditos aniversarios, que tem de nos
Garçia Rodrigues, clerigo, aforada; et vos et as ditas perssoas
avedes a manteer as ditas casas en boo estado et reparardellas do que
lles comprir, et dardes, cada anno, dellas vos et as ditas perssoas a
nos o dito cabidoo, ou a quem por nos recadar os ditos aniversarios,
triinta et dous moravedis, de dez dineyros cada moravedi, de la usual
moneda en paz et en salvo, et pagardellos segundo se pagan os otros
foros dos aniversarios; et o tempo acabado de vos et das ditas
perssoas avedes a leyxar as ditas duas casas feytas livres et
desenbargadas a o dito cabidoo con todos llos boos paramentos que en
ellas esteveren feytos. Et eu o dito Fernando Peres, coengo, que
estou presente asy reçebo de vos, o dito cabidoo, o dito foro, et
obligo min et nosos bees para pagar eu et as ditas perssoas o dito
foro cada anno et para atender esto que sobredito he. Et nos, o dito
dayan et cabidoo, asy vos outorgamos todo esto que sobredito he et
prometemos de o comprir, et que esto seya çerto mandamos a Ares
Peres, coengo, et notario publico de Lugo, que feçese desto
escripvir duas cartas en hun tenor.
Feyto
foy esto en Lugo enno coro da dita iglesia, çinquo dias de iunyo,
era de mill et quatroçentos et quinze annos.
Testemoyas
que a esto foron presentes: dom Gonçalvo Yanes, thesoreyro de Lugo;
don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; dom Pedro Ares, arçidiago
de Triacastella; Thomas Gomes, coengo; [don Diego] Gomes, thesoreyro;
Afonso Ferrnandes et Roy Lopes, coengos; Alvaro Ferrnandes, Iohan
Garçia, Iacome Ferrnandes, Ruy [...] de Quyroga, et outros.