GMH/ÍNDICE A-Z

G-C5
1447( )
Álvaro Gómez de Escalona, chantre e provisor, con poder do bispo, afora a perpetuidade a Xoán de (Bel)bes un lugar na freguesía de San Mamede de Urros por quinta. (fol. 4v)
Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Alvaro Gomes d’Escalona, chantre ennas iglesias d’Ourense /e Mondonedo\ provisor, lugar tenente, vigario jeeral enna dita iglesia (...)de et obispado d’Ourense por lo moyto onrado padre e señor don frey Pero (...) Silva porla graça de deus et da (...) iglesia de Roma obispo d’Ourense (...)er que ey do dito señor obispo (...) et outorgo aforo a vos Joan de (...)bes que sondes presente et a vosa moller Tareija de Belbes que non he presente, moradores enna freigesia de San Momede /de (Urros)\ et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo o lugar do Bispo que jas enna dita freigesia de San Momede de Urroos, que he da mesa obispal do dito señor obispo (aforo vos o dito)* o qual anda en renta con o çelleiro de Allaris (en foro a)*. Aforo vos o dito lugar con todas suas entradas e seydas et (por taes condiçoens que)* con todas suas casas et pardeiros e arvores e soutos et cortinas /e pastos\ a montes et a fontes et con agoas correntes et vertentes e con todas suas entradas etç., por taes condiçoens que labredes et paredes ben as erdades do dito lugar etç. et que façades vos et as ditas vosas voses ao dito señor obispo et seus suçesores foro de quinta (fol. 4v)