GMH/ÍNDICE A-Z

1371
1487, outubro, 23 luns. Fazai

Fernando de Fazai e Afonso Mourín véndenlle a Afonso da Pena unha casa na aldea de Malle por cadanseus vinte reás de prata.

MADRID, AHN, Carp. 1333 D/17, perg. orix., galego, cortesá, 300 x 140 mm.

Sabean quantos esta carta de vençon vyren como nos Fernando de Façay et Afonso Monryn, moradores en a aldea de Façay, non constrengidos por força nen indizidos por engano mais de nosas propias vontades por lo tenor da presente vendemos para senpre jamais a vos Afonso da Pena, morador en a aldea de Malle, que presente estades, et a vosa muller para vos et para vosos suçesores et erdeyros, a nosa casa que nos temos en a aldea de Malle, a qual casa se cha (sic)  da Fidalgya et nos pertenesçe por noso padre, Pedro Afonso de Façan, et jas sub signo de Santa Maria de [Vonada]; a qual dita casa vos vendemos delo çeo fasta a terra con suas agoas vertes et reçebemos de vos, o dito Afonso da Pena, en paga por la dita casa et vençon dela a cada hun de nos vinte reas de plata, et nos damos et outorgamos por ben entregos et ven pagos por quanto vos, o dito Afonso da Pena, nos los destes et pagastes oy dia da feyta desta carta en presençia do notario et dos testigos de juso escriptos en plata et dineyros. Et de oy dya da feyta desta carta quitamos de nos et de todas nosas vozes todo dereyto et abçon, jur et posyson et propedade et deminio et dereito da dita casa et todo ho poemos et demitimos et traspasa (sic)  en vos, o dito Afonso da Pena, et en vosa muller, Aldara Ferrnandes, et en vosos suçesores para senpre jamays, et por lla presente vos damos et outorgamos poder conprido para que por vosa abtoridade propia, sen justiça ou con ella, quando a vos prover entredes et tomedes a dita casa et vos apoderedes en ella et en to o sobredito, et para non yr nen pasar contra elo en ningun tempo nen por ninguna rason, renunçiamos et partimos de nos et de todas nosas voses a ley do engano et a ley do aver non visto nen contado nen reçebido et todas las outras leys, dereito canonicos et çeviis, privilegios, usos et costumes que en contrario do sobredito poderiamos alegar, et a ley don enperador Valeriano, para que as non alegemos nen sejamos sobre elo oydos en juiso nen fora del, et en espiçal renunçiamos a ley que dis que dis (sic)  que general renunçiaçon non valla, et obligamos a nos et a todos nosos bees, mobelles et reyses, avidos et por aver, de vos façermos senpre sa et de pas a dita casa a todo tenpo, et outorgamos delo huna carta de vençon ante o dito notario a mais forte et firme que se pode faser con acordo de avogados.

Que foy feyta en a aldea de Façay, dia lunes, a veynte et tres dias do mes d’outono, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et sete anos.

Testigos que foron presentes: Gomes de [Vesme]; et Afonso Gallego; et Juan de Façan, et seu yrmao, Fernando, et outros.

Et eu Roy Lopes de Teixeiro, notario da Camara de noso senor el Rey, a todo esto presente foi, et por mandado de todas las ditas partes aqui puge meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Roy Lopes, notario.