GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

121
1316, agosto, 24

testamento

Testamento do mercador Miguel Páez, morador na rúa da Corredoira.



ACOu, Escrituras XII, 5 (copia de 7 de febreiro de 1317 en Escrituras II, 25)

Estas son as devedas que eu Miguell Paez mercador d’Ourense morador enna Corredoyra devo: Primeiramente devo a (...) de casa huna camisa. Iten devo a Ruy Lourenço fillo de Lourenço Yanes e a Lourenço Peres de Ribadavea as duas terças do alugueiro da casa em que mora (...) que son xl libras de portugueses, e deve Johan Coutiño as xxvii libras. Iten devo a frey Johan Fernandes xx libras portuguesas.

Estas son as devedas que a min deven: Primeiramente me deve Pero Domingues de Raayro o que disser en sua verdade. Iten me deve Johan Pegadiño o pequeno dez e seys libras de portugueses por hun prazo. Iten me deve Johan Coutiño quinze libras de portugueses sen prazo. Iten Pero Paez abrocador xiii libras sen prazo e sen testimuya. Iten Johan Domingues da Fonte do Bispo xvii libras portuguesas se quiser levar a manta e se quiser leixar a manta de vi libras de portugueses. Iten me deve Martin da Silva xviiii libras e media de portugueses por hun prazo. Iten Johan Deam xxiii libras e media de portugueses. Iten Johan Golpello xxx soldos de portugueses. Iten me deve Fernando (Martines) comendador d’Astureses xxiii libras de portugueses e oyto soldos. Iten me deve (...) xiii libras minos çinqo soldos por Johan Paez de Santa Cruz. Iten me deve Miguell Peres os diñeiros do viño da cortiña do terçeiro anno. Iten me deve Esteveyña Fernandez vii libras e media de portugueses. Iten me deve Johan de Vilanova trinta e nove soldos.

Enno nomme de deus amen. Eu Miguell Paez mercador d’Ourense morador enna rua da Corredoyra iazendo doente [de grande door enno meu corpo] pero con todo meu siso e con toda mina memoria conprida, temendo que depois de mina morte veña contenda entre alguuns sobre meus [beens faço e ordino] delles este meu testamento e mina postrimeira voentade para senpre valedeira en aquesta maneira: Primeiramente mando mina alma a deus [e a sa madre santa] Maria, e mando soterrar meu corpo enno çimiterio de San Martiño aa ussia de Santa Mariña cabo da sopultura de [Moor Osorez, e mando que leven conmigo en] offerta en pan e en viño lx soldos. Iten mando por offerta por hun anno tres soldos cada dia en pan e en viño. Iten mando (...). Iten mando aos coengos d’Ourense çent mor. portugueses. Iten aos clerigos do coro (...) mor. portugueses. Iten mando (...) sopultura quatro soldos e medio a cadaun. Iten mando aos |aos| capelaens de Santa (...) as lanpaas da çidade d’Ourense que non an pinson tres soldos a cadauna (...) a cadauna. Iten aa de Santiago das Caldas e aa de San Nycolas (...) tres soldos. Iten mando aa (obra) de San Martiño e (...) frades do dito moesteiro lª mor. para (...) (yr)maas Dominga Paez e Maria Paez (...) por razon da compañya que ouve (...) eu ey tome qual quiser. Iten mando (...) Martin Anes seu padre. Et se o dito Johan (...) que outre der. Iten lle quito das (...) Peres dito Rella e a Maria Peres sua (...) Gonçalvo Martines seu fillo e a morte do dito Gonçalvo Martines (...) alma e de Moor Osorez e que o metan enno registro e nos ementen ennas oraçoens en(...) Maria Peres huna cuba de xi moios livre e quite, e façam dela sua voentade. Iten mando ao d(...) de portugueses. Iten mando a Garçia Martines sobriño do comendador d’Astureses cc soldos. Iten mando a Maria a mançeba de casa lª soldos. Iten mando (...) aa igleia de San Martiño pola miña alma e de Moor Osorez polos disimos que non paguey commo devera. Iten mando o meu (...) que iaz cabo a viña de Moor Aras que foy da huna parte e vay entestar enna viña de Maria Franca e parte conna de Santa Maria a Madre da outra parte e entesta enno camiño. A Martin Domingues meu criado que a teña en sua vida e a sua morte fique aas capelas de Santa Maria a Madre, que nos metan enno registro min e Maior Osorez e nos aian emente en suas oraçoens ennos domingos e nas festas. Iten mando que me terçem tres vezes enno anno, e mando para cada terço trinta e çinqo libras. Iten mando aos lazerados quando me terçaren dez libras cada terço. Iten mando que teñan logo seys annaes por miña alma. Iten mando que todas estas miñas devedas e miñas mandas se paguen de diñeiros portugueses, salvo aquelo que se nomear de brancos. Iten mando que se alguen veer disendo que lle alguna cousa devo consiirando a perssoa e a quantia da deveda fazendo juramento sobre santos avangeos que lle paguen. Et faço meus herees os sobreditos Johan Martines da rua da Obra e Martin Peres dito Rella en çinquenta mor. cadaun e non mays. Et façoos rectores e conpridores deste meu testamento e miña postrimeira voentade, que pagen miñas devedas e mandas e cunpran este meu testamento por todos os meus beens e sen seu danno. Et mando a estes Johan Martines e Martin Peres (que) vendan todas las cousas que eu ey assi movyl commo reiz para conprir esto que eu mando e todo o al que ficar remanente que o den pola miña alma e de Moor Osorez assy commo dito he. Et dou lles todo o poder que a min deu Moor Osorez enno seu testamento assi commo o eu ey tan bem do seu commo do meu para compriren e daren por amor de deus pola sua alma de Moor Osorez e pola myña aly u entenderen que mellor he. Et mando que todas las mandas de Moor Osorez que non son compridas que se cumpran polo meu e polo seu dela e cunpra se ante o seu que o meu. Iten quero e mando que este seia meu testamento e miña postrimeira voentade e que valla commo testamento e se non poder valer commo testamento que valla commo codeçillo ou commo outra escriptura qual quer feita por mao publica de notario e por ante tests. que de dereito mellor e mays firmemente poder valer. Et mando que se outro testamento pareçer que eu aia feito ante que este que non valla nen aia firmedume ninhuna. Et quen quer que contra este meu testamento e miña postrimeira voentade en alguna cousa quiser viir tan ben de miña parte commo destraña aia a yra de deus e a miña maldiçon e perca o que lle for mandado en este meu testamento e quanto ende demandar ou embargar a meus herees e meus compridores o peite dobrado, et peite aa voz del rey çent mor. da boa moeda de pena e aa voz do bispo outros çent mor., o testamento fique senpre firme en seu revor. Feito o testamento en Ourense, xxiiiiº dias dagosto, era de mill e trezentos e çinquenta e quatro annos. Testimuyas que a esto chamadas e rogadas presentes foron Domingo Martines dito (Calcañaras) e Gonçalvo Martines dito Rella clerigos do coro, Pero Yanes dito Mara pixoteiro, Domingo Yanes dito Çoula e Pero [Domingues ferreiros, Fernan Peres de San] Tome e Johan Martines de San Çibrao.

Et eu Bertolomeu Peres notario jurado d[a çidade de Ourense polo bispo e pola igleia dese lugar que a esto chamado e] rogado presente fuy e por liçençia e por [mandado de don Bertolomeu Peres chantre e chançeler da dita çidade escrivi] este testamento por miña mao e meu signal y puge que tal est en testimuyo de verdade.

(sinal)

Conprido este testamento por (...) mays segundo |segundo| pareçe (...( verdade e (...) a min Pero Affonso vigario (...) avangeos e (...) que vi por mandado e (...) das cousas meudas que se non (...) podian mostrar por notario assi como (...) porlo ofiçio que (...).

Materias

alcume; alimentos; bispo; branca; cabido; camiño; canon foral; capela; capelán; casas; catedral; cemiterio; chanceler; chantre; comendador; coro; cortiña; crego; criado; cumpridor; débeda; décimos; doente; escribán; escritura; esmola; esposa; esposo; evanxeos; fábrica; familia; ferreiro; festa; fillo; fonte; frade; herdanza; irmá; lámpada; leproso; libra; libro de aniversarios; linde; manceba; marabedí; mercador; mesa capitular; misa; mosteiro; muller; notario; notario capitular; orde de Xerusalén; orde militar; pai; pan; panos; peixeiro; pena; rei; roupa; rúa; sepultura; serventa; servente; sobriño; soldos; testamenteiro; tío; tonel; tributos; venda; vigairo; viño; xuramento; testamento

Persoas

Bartolomeu Pérez, chantre de de Ourense; Diego Martínez Calcañares, crego do coro de Ourense; Dominga Páez; Domingos Eáns, dito Çoula; Esteveíña Fernández; Fernando Martínez, comendador de Astureses; Fernando Pérez de Santomé; García Martínez; Gonzalo Martínez; Gonzalo Martínez, dito Rella, crego do coro de Ourense; Lourenzo Eáns; Lourenzo Pérez de Ribadavia; Maior Ares; Maior Ozores; María Franca; María Páez; María Pérez; María, manceba; Martiño da Silva; Martiño Domínguez, criado; Martiño Eáns; Martiño Pérez, dito Rella; Miguel Pérez; Pedro Afonso, cóengo de Ourense; Pedro Domínguez de Rairo; Pedro Domínguez, ferreiro; Pedro Eáns, dito Mara, peixeiro; Pedro Páez, mercador; Roi Lourenzo; Xoán Coutiño; Xoán de Vilanova; Xoán Deán; Xoán Domínguez da Fonte do Bispo; Xoán Fernández, monxe; Xoán Golpello; Xoán Martínez da rúa da Obra; Xoán Martínez de San Cibrao; Xoán Páez de Santa Cruz; Xoán Pegadiño, o pequeno; Miguel Páez, mercador

Outros

Orde de Xerusalén; Ourense, bispado; Portugal, reino; Ourense, cabido

Lugares

Astureses; Caldas, Santiago; Ourense; Rairo; Ribadavia; San Cibrao das Viñas; San Tome; Santa Cruz; Vilanova