GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

20

1417, xaneiro, 1.
Nomeamento de fieis nas alcabalas do Rei.
O Concello ordena que o notario dea ós veciños as cartas de costume.
O Concello dá licencia a Martín Serpe e Vasco Fernández Troquo, xustizas que foran en 1416, para que no prazo dos dous primeiros meses poidan recada-las dereituras que lles eran debidas por razón dos oficios de alcaldía.

Predito. O dito conçello, justiças et regidores jurados diseron que por cuanto era ordenança de noso señor el rey que os conçellos das çidades, vilas et lugares de seus regnos et señorios posesen fiẽes en caada hũu anno por lo primeiro dia do mes de janeiro ennas suas rendas de alcavalas para que os taaes fiẽes desen conta con pago de todo o que rendesen as ditas rendas enno tenpo de suas fieldades a os arrendadorees que arrendasen as ditas rendas de alcavalas ou a aquel que o ouvese de aver et recabdar por lo dito señor rey, por enden que eles en conprindo a ordenança do dito señor rey sobresta raçon feita que poynan et poseron por fiẽes ennas rendas de alcavalas desta dita çidade et seu giro deste dito anno a estas personas que aqui dira, primeiramente. Iten poseron por fiẽes enna alcavala do pan a Fernan Varela do Camiño et Juan de Viveiro et Afonso Domiges. Iten poseron enna alcavala do viño a Vaasco Peres Abril et Aras Fernandes do Vilar, Juan Rodriges do Çiquelo et Gonçalvo de Covas. Iten enna alcavala da carne Johan de Gardo et Aras Chatreiro, Pero Nunes do Camiño et Garçia Varela.
Iten enna alcavala do pescado Johan Martines do Vilar et Garçia Oanes et Juan Peres Desẽedor et Pero Nunes do Camiño.
Iten enna alcavala dos paños Juan Duran et Juan de Canas Pero Gomes et Garçia Posse et Juan Rodriges Alvariño, o canbeador. Iten poseron por fiẽes enna alcavala da çapataria a Gonçalvo de Viço et Fernan Mercador, çapateiro et Pero Bravo. Iten enna alcavala da madeira poseron por fiẽes Gonçalvo de Millares, alfayate et Ruy de Lamas. Iten enna alcavala da froyta Garçia Troquo, Afonso Dominges,  Golçanvo Oanes, Golçanvo Nunes. Iten enna alcavala da salvagina Juan do Outeiro, Gomes de Baltar, Juan Abraldes, Garçia Galos, Jacome Gomes et Toribio Sibul.
Iten enna grosura Juan Jacob et Juan do Outeiro, canbiador et Fernan Varela, home de Martin Serpe. Iten enna alcavala da çera poseron por fiẽes a Rui Peres de Valadares et a Afonso Peres, alfayate. Iten enna alcavala da plata poseron por fiel a Juan Rodriges Alvarino, canbeador. Iten enna alcavala das cassas et herdades os notarios. Iten enna pedra et barro Gomes Cochias et Johan Alvarote et Afonso Gardado, alfayate. Iten enna alcavala das aves Gomes Cochias et Golçalvo de Savaseda. Iten enna alcavala das bestas Juan Garçia Nabeiro et Fernan Pasete et Gomes de Castro. Iten enna alcavala do ferro poseron por fiẽes a Vaasco Rodriges, tendeiro et Juan Abraldes.
Et postos et nomeados asy os ditos fiẽes ennas ditas rendas de alcavalas o dito conçello et omes bõos jurados diseron que mandavan a os ditos Pero Eanes et Fernan Ares justiças que tomasen jura sobre sanctos Avangeos dos ditos fiẽes et de cada hũu eles que husasen ben et verdadeiramente das ditas fieldades et desen delas boa et verdadeira conta con pago aos arrendadores que arrendasen as ditas rendas de alcavalas este dito anno ou a aquel que o ouvese de aver por lo dito señor rey segundo que o dito señor rey mandava por seu caderno et cartas feito en rason das ditas alcavalas et diseron mays o dito conçello, justiças et regidores que por eles poseren mais fiẽes ennas ditas rendas dos que eran ordenados a por lo dito señor rey que esto era por quanto este anno era perdoança enna iglesia de Santiago et porque entendia et eran çertos que a esta dita çidade verrian en romaria muytas conpañas et de diversas partes et por ende que era neçesario de se poeren mays fiẽes ennas ditas rendas dos que se devian poẽr, porque fose posto bõo recabdo en elas et por ende que protestavan de non encorrer por elo en penna algũa. Testemoyas: Juan Rodriges Alvariño, Vaasco Peres Abril, Vaasco Fernandes Troquo, Alvaro Gil, Juan Bugeyrete, Ares Fernandes da Canna et Golçalvo Abril vesiños da dita çidade. //
(Fol. 11 vº)
 Predito. O dito conçello, justiças et homes bõos mandaron a min notario, que dese cartas acostumadas a os vesinos da dita çidade. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. O dito conçello, justiças et jurados diseron que davan liçençia a Martin Serpe et a Vaasco Femandes Troquo, justiças que foron enna dita çidade este anno pasado para que en termino de dous meses primeiros segintes podesen recadar as dereituras que lles eran devidas et lles quedaran a dever o dito anno por rason dos ditos ofiçios de alcaldyas. Testemoyas os sobreditos.
 

Materias

alcabala; alfoz; alimentos; arrendamento; aves; bestas; calzado; carne; casas; cera; ferro; fisco; froita; gando; madeira; mandamento; notario; ordenanza; pan; panos; pedra; peixe; rei; romaría; tributo; viaxe; viño; xornal; xubileu; xuramento; zapateiro; veciñanza

Persoas

Xoán Rodríguez Alvariño; García Troco, fiel; Gómez Cochias, fiel; Gonzalo de Savaceda, fiel; Pedro Eáns Abraldes, xustiza de Santiago de Compostela; Roi Pérez de Valladares, fiel; Vasco Pérez Abril, fiel; Vasco Rodríguez, tendeiro; Xoán de Gardo, fiel; Xoán de Viveiro, fiel; Xoán Martínez do Vilar, fiel; Xoán Rodríguez Alvariño, cambiador; Afonso Domínguez, fiel; Afonso Domínguez, fiel; Afonso Gardado, xastre e fiel; Afonso Pérez, xastre, fiel; Álvaro Xil; Ares Chantreiro, fiel; Ares Fernández da Cana; Ares Fernández do Vilar, fiel; Fernando Ares Serpe, xustiza de Santiago de Compostela; Fernando Mercador, zapateiro; Fernando Pasete, fiel; Fernando Varela; García Eáns, fiel; García Varela, fiel; Gómez de Castro, fiel; Gonzalo Abril; Gonzalo de Covas, fiel; Gonzalo de Millares, xastre; Gonzalo de Viso, fiel; Gonzalo Eáns, fiel; Gonzalo Núñez, fiel; Martiño Serpe, alcalde; Pedro Bravo, fiel; Pedro Núñez do Camiño, fiel; Roi de Lamas, fiel; Toribio Sibul, fiel; Vasco Fernández Troco, alcalde; Vasco Pérez Abril; Xácome Gómez, fiel; Xoán Abraldes, fiel; Xoán Alvarote, fiel; Xoán Bugueirete do Preguntoiro; Xoán de Canas, fiel; Xoán do Outeiro, fiel, cambiador; Xoán Durán, fiel; Xoán García Nabeiro, fiel; Xoán Pérez de Sedor, fiel; Xoán Rodríguez do Sequelo, fiel; Xoán Xacob, fiel; Fernando Varela do Camiño, fiel

Outros

Santiago de Compostela, catedral; Santiago de Compostela, concello