GMH/ÍNDICE A-Z

256
1342, abril, 18

testamento

Testamento de Martín Fernández, cóengo.

ACOu, Escrituras I, 20

Enno nome de deus a(men). Sabbeam quantos este testamento virem que eu Martin Fernandes coengo d’Ourense seendo doente pero con todo meu siso et con toda mina memoria conprida qual deus tevo por bem de me dar, temendome que depoys da miña morte veña contenda ontre alguuns sobre meus beens, por ende faço e ordino delles meu testamento e miña postromeyra voontade para senpre valledeyro em esta maneyra: Primeyramente dou a miña alma ao meu señor Jhesu Cristo que a conprou pelo seu sangue preçioso et aa virgem santa Maria sua madre e mando soterrar meu corpo na castra de Sam Martiño ali hu iaz Miguel Anes meu tio coengo que foy d’Ourense ou ali hu iaz Miguell Domingues ou Martin Domingues seus sobriños meus parentes hu virem que he mellor etç. Item mando que (...) da igleia d’Ourense faça enteyra para senpre a festa de Sam Miguell de setenbro que he agora mea polas almas do bispo dom Pedro e do bispo dom Gonçalvo de Novoa e do bispo dom Vasco que agora he et pola miña, et mandolles para esto a mina viña de Belvis que he enna friiguesia de Santandre de Rante que he de foro de terça ao bispo, et outras tres leyras de vinas de dizimo a deus que iazen a par dela, et as duas vam firir ao canpo do Candoo et a outra vem firir pela yllarga da miña viña de terça et vem ferir ao carreyrino h(u) está o marco que ven para o Candoo. Iten mando para esta festa a miña viña do Candoo hu estam os canos, que he de dizimo a deus, et provean cada anno pela renda destas ditas viñas de quatorze candeas enna dita festa, seys ante o coro e quatro ante o altar de Sam Martiño e duas ante o altar de Sam Miguell et duas nos çiraes grandes da porta. Et o thesoureyro non leixe por esto aproveer daquellas que acustumou a poñer ante o coro e nos çiraes do altar por esta festa, et o residuu que ficar pártanno os coengos ontre si aquelles que veeren a todas as oras segundo que ordenou Affonso Martines thesoureyro que foy na festa de San Thome et Fernan Meendes na festa da tralladaçon de Santiago et o arçidiago Pero Gonçalvez ordenou na festa de Santa Cruz. Et mando que aquelles que veerem ata a fim da (proçisson ...) vesperas e dos matiis e das vesperas que se seguirem e os que veerem a proçisson e esteveren aa misa ata (a fim della) ... des diñeiros segundo a estas oras veeren, et aa seida das postromeyras vesperas vaam todos sobre mina sepultura (...) ençenso e con agua sagrada. Et mando poñer esta clausulla desta festa toda conpridamente no livro d(...) da preçiossa, em maneyra que non digan depoys que nom sabem as condiço(ens ...) am daguardar etç. Et (...) Fernan Gonçalvez meu primo morador enna rua d’Oobra et mandolle por hereença çen (...) brancos et a mays de meus beens non se tenda por razon (de herença) salvo aquello que lle ey mandado em meu testamento ... (... con)pridores deste meu testamento e miña postromeira voontade Gonçalvo Peres da Triidade coengo d’Ourense et o dito Fernan Gonçalvez meu primo que conpram este meu testamento por meus beens e sem seu danno etç. Et revogo todollos outros meus testamentos que tiiña feytos ata aqui et mando que non vallam nen aian firmedume (...). Et quero e mando que este seia meu testamento e miña postromeyra voontade, et se non valuer commo testamento (...) codeçillo ou commo outra escriptura feyta por mao de notario pubrico asy commo mellor e mays conpridamente pode de deve valer. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento e miña postromeyra voontade veer en parte ou en todo aia a yra de deus e a miña maldiçon et se lle ey mandado alguna cousa mando que o perca et aa voz del rey peyte por pena çen mor. da boa moeda et a meus conpridores outros tantos et a dita pena pagada ou non este meu testamento e miña postromeyra voontade seia firme e valledeyro para senpre. Feyto o testamento em Ourensse, dez e oyto dias dabril, era de mill e trezentos e oyteenta annos. Testemoyas que a esto forom presentes chamadas e rogadas Affonso Perez notario d’Ourense, Johan Fernandes Guiça, Lourenço Eanes de Canba, Pero Fernandes d’Asma clerigos do coro, Martin Fernandes servente da igleia de Sam Martiño, Miguell Fernandes clerigo de Affonso Domingues da Escolla, Ruy Fernandes scripvam.

>Et eu Miguell Perez notario d’Ourense pola igleia desse lugar que a esto chamado e rogado con as testemoyas que em çima som scriptas presente foy e por mandado e autoridade de Afonso Lourenço tesoureyro da igleia d’Ourense e chançeller desa çidade este testamento em miña presença fiz escripvir (...) no qual testamento vay posto em dous lugares meu signal, hun entre pel e pel e outro (...). Et eu Afonso Lourenço thesoureyro e chançeller sobre dito mandey e dey autoridade ao dito notario que (...) puge meu signal.

>Este he o trallado das clausullas (...) de Martin Fernandes coengo que foy d’Ourense, o qual testamento era escripto en purgameno, feyto ende por Miguell Peres notario d’Ourense e assignado de seu signal e do signal de Affonso Lourenço thesoureyro e chançeller sobredito segundo que se enno dito testamento conten, as quaes clausullas do dito testamento eu Domingo Nunes notario pubrico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar en myna presença fige tralladar, et en este trallado a pedimento de Lopo Sanches avogado procurador do deam e cabidoo da igleia d’Ourense et por mandado e outoridade de Martin Domingues coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor dom Vaasco porla graça de deus bispo d’Ourense meu nome e meu signal puge que tal he.

(sinal)

O qual (tral)lado Martin Domingues coengo e vigario sobredito pello offiçio ordinario que tiiña mandou que valuese e fesese fe cada hu pareçese e mester fose commo original do dito testamento. O qual trallado foy feyto en Ourense, viinte e nove dias de desenbro enna era sobredita de mill e tresentos e oyteenta annos. Testemoyas que a esto presentes foron Gil Martines raçoeyro da igleia d’Ourense, Gonçalvo Fernandes dito Furon, Johan (...) Gonçalvo Perez notarios d’Ourense, Johan Sotil e Fernan Eanes, Garçia Eanes dito Tacano avogados, Johan Anes, Domingo Affonso e Johan Fernandes mercadores d’Ourense.

[reverso] Testamento de Martin Fernandes coengo.

Materias

alcume; altar; aniversario; arcediago; auto xudicial; avogado; bispado; bispo; branca; cabido; camiño; candea; canon foral; catedral; chanceler; claustro; cláusula; cóengo; constitución; coro; crego; cumpridor; cumpridor; curmán; deán; décimos; diñeiros; distribución; doazón; doente; escribán; escritura; familia; festa; fonte; fundación; herdanza; horas; leira; libro; marabedí; mercador; mesa capitular; misa; mosteiro; notario; notario capitular; pena; pergamiño; porta; prebenda; procesión; procurador; provisor; racioneiro; racioneiro; sepultura; servente; sobriño; tesoureiro; testamenteiro; tío; traslado; tributos; vigairo; viña; xurisdición; testamento

Persoas

Afonso Domínguez da Escolla; Afonso Lourenzo, tesoureiro de Ourense; Afonso Martínez, tesoureiro de Ourense; Afonso Pérez, notario; Domingos Afonso, mercador; Domingos Núnez, notario; Fernando Eáns, avogado; Fernando González; Fernando Méndez, cóengo de Ourense; García Eáns, dito Tacaño, avogado; Gonzalo Fernández, dito Furón; Gonzalo Pérez da Trindade, cóengo de Ourense; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Gonzalo Pérez, notario; Lopo Sánchez, avogado; Lourenzo Eáns de Camba, crego do coro de Ourense; Martiño Domínguez; Martiño Domínguez, cóengo de Ourense; Martiño Fernández, servente; Miguel Domínguez; Miguel Eáns, cóengo de Ourense; Miguel Fernández, crego; Miguel Pérez, notario; Pedro Eáns de Novoa, bispo de Ourense; Pedro Fernández de Asma, crego do coro de Ourense; Pedro González, arcediago de Búbal; Roi Fernández, escribán; Vasco Pérez Mariño, bispo de Ourense; Xil Martínez, racioneiro de Ourense; Xoán Eáns, mercador; Xoán Fernández Guiza, crego do coro de Ourense; Xoán Fernández, mercador; Xoán Sutil, avogado; Martiño Fernández, cóengo de Ourense

Outros

Ourense, bispado; Santísima Trindade de Ourense, abadía; Ourense, cabido

Lugares

Asma, terra. Antiga xurisdición; Belvís; Camba; Candoo; Ourense; Rante, Santo André