GMH/ÍNDICE A-Z

357
1362, xullo, 6
testamento

Cláusulas do testamento de Pedro Rodríguez de Temes, cóengo, fillo de Vasco Pérez de Temes.

ACOu, Escrituras I, 21

Era de mill et quatroçentos annos, seis dias de julyo. Sabean todos commo en presença de min Estevo Peres notario de Temees et de Villahuxu en lugar de Pero Fernandes notario publico enna pobra de Chantada et em seu alfos por Alvaro Peres de Castro et das tests. adeante escriptas, esta he huna claussula que foy sacada do testamento de Pero Rodrigues de Teemes coengo da igleia d’Ourense, a qual clausula comença assy: Seendo o dito Pero Rodrigues saao et con soude et con todo seu sisso et entendemento conplido, temendosse de morte per que todos avemos de passar (...) que non ouvesse contenda sobre seus beens depoys de sua morte, feso seu testamento en esta maneira: Primeiramente mandou a sua alma a deus que a conprou pello seu sangue justo preçiosso et rogou a santa Maria sua madre con todas las virgeens que fosem suas avogadas ante a façe de nosso señor Jhesu Cristo et rogou aos apostollos et aos martires et aos confessores que fossem seus avogados ante a façe de deus. Iten mandou soterrar seu corpo no moesteiro de Santiago de Lousada a par da porta da igleia dentro da maao seestra commo (...) entran da costra para a igleia. Et mandou que lle fesessen y huun moymento pellos seus beens etç. Et todalas outras cousas que se mays conpridamente contiinan no dito seu testamento contensse outras clausollas que dis asy: Iten mando o meu couto de Souto Lo[n]go desenbargadamente (...) Giraldes con todos seus dereitos ao cabidoo d’Ourense por la sua alma et por la miña (...) que tiren a clausola do testamento que feso Johan Giraldes, o qual testamento feso Gonçalvo Codeiro, et que faça huun aniversario por la sua alma et por la miña cada dya de Sam Pero segundo que he husso et custume na igleia d’Ourense de se faser etç. Iten se conten outra clausolla no dito testamento que dis assy: Iten mandou que estas sobre ditas erdades que mandou aos moesteiro et igleias per esta condiçon, que elles nen cada huun delles que as non podessem vender nen sopeñorar nen enprasar nen dar a nihuun omme fillo dalgo nen poderosso nen aforar senon aa taees que paguen os dereitos dellas a nos o dito moesteiros et igleias que ordenou delles en esta maneira que aqui mando. Et mando que os beens destas herdades sobre ditas que seian para restoyramento dos ditos moesteiros et igleias, a cada huun segundo que lle eu mando, para os callees e para as vestementas et para os livros et para as osteas et para viiño para diser as missas et para as candeas, quando esto mingoar na ditas igleias et moesteiros que o perfaçan desto segundo que o y ouver polas almas de Vasco Peres de Teemes meu padre et da abadessa dona Sancha Peres et de Johan Giraldes et de Pero Vasques meu yrmaao et porla miña. Et non no fasendo assy mando que o meu heree ou aquelles herees que el feser et a aquelles que fesessem os que elles fesessen que seian poderossos de tomaren as ditas herdades ou cada huna dellas que o assy non conpryr e que as vendan e o que em ellas acharen que o dem pola miña alma et daquelles a que eu soon tiudo etç. Et demays posso (...) dito seu testamento por cada vegada que fosen et pasassem contra o dito seu testamento que (...) mor. de brancos et que a dita penna pagada ou non que o dito seu testamento ficase (...)se segundo que se em el contiina. O qual testamento foy feyto en Villaquinte no dia et mes e era sobre ditos. Tests. que presentes foron ao dito testamento Pero Fernandes de Ribeir(a), (Domingo) Anes (...) Domingo Peres do Rigueiro, Fernan Martines da Torre et Johan Martines seu yrmao (...) omes do dito Pero Rodrigues.

Et eu Estevo Peres notario sobre dito (...) he pressente foy e estas crasullas ben e verdadeyra(mente ...) testamento do dito Pero Rodrigues a pidimento de Duran Lourenço (...) coego en na igleia d’Ourense e procurador (...) pedío estas craussollas sobre ditas em (...) por Ruy Gonçalves notario d’Ourense et em m(...) meu nome e meu sinal puge em testemuyo de (...).

[reverso] Litera do couto de Souto.