GMH/ÍNDICE A-Z

1382
1491, xullo, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Vasco Fernández e a tres voces unha cortiña na rúa da Porta Nova, por renda anual de vinte marabedís ós aniversarios e oito marabedís ó mordomo da obra da igrexa de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 12, perg. orix., galego, cortesá, 325 x 305 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, de que ajuso se fara mençion, seendo juntos en noso cabildo por canpaa tangida, segun que avemos de uso et de costume, veendo et entendendo que o ajuso contiudo es noso probeyto et de nosos suçessores, outorgamos et conosçemos que aforamos et damos aforo a vos Vaasco Fernandes de Parga, canonigo en la dicha iglesia de Lugo, et a outras tres personas despoys de vos, la huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tenpo de voso finamento asy en voso lynageen como fora del, et non seendo por vos nomeada que seja persona deste dito foro quen herdar vosos beens de dereito ou la mayor parte deles, et las outras personas en esta mesma forma sejan nomeadas la huna por la outra suçesibemente ou herdeyras de seus beens, como dito es. Conben a saber que vos aforamos huna nosa cortina, que jas et es syta en esta dita çibdade detras las casas que feren et estan juntas en a rua et cabo a Porta Noba desta dita çibdade, et de aquela mesma parte topa en un saydo de casa de Fernando Rico, çapateiro, que Deus aja, et en os saidos das ditas casas, et de la parte de diante topa en o camino publico que vay da dita rua da Porta Noba para las casas do Conde, et de la parte detras topa en el muro et çerca da dita çibdade, et de la outra parte topa en hun leyro de cortyna que es de Juan Lopes do Canpo, que foy de Maria Lopes do Canpo, que foy de Maria Rodrigues de Abelayras. Et a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas tres personas tenades a dita cortyna bien labrada et çerrada et reparada, et dedes vos et as ditas tres personas, en cada un ano, de foro a o rendeyro que for dos aniversarios da dita iglesia viinte maravedis vellos, que cada dies dineiros fasen un maravedi, ou moeda que os valla, segun se pagaren las outras rentas et foros da dita iglesia; et mays outros oyto maravedis da dita moeda a o mordomo que for da obra da dita iglesia de Lugo por dia de San Martino de novenbro. Et cada persona, que despoys de vos suçeder en o dito foro, seja tyuda et obligada do dia que en el suçeder fasta trynta dias seguentes de se viir mostrar a o dito cabilldo como he persona do dito foro, sub pena de o perder se llo quiseren reçeber. Et a fin da postremeyra persona que a dita cortyna fique libre, quita et desenbargada a a dita iglesia et cabilldo con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu o dito Vasco Rodrigues, canonigo, por min et por las ditas minas tres personas, asi reçebo o dito foro de vos, los ditos senores del dito cabildo, por la maneira et condiçiones susoditas, et obligo a min et a todos meus beens et de las ditas personas, que despoys de min vieren et suçederen en o dito foro, de o asi teermos, conplirmos et gardarmos et pagarmos segundo dito he. Et nos, lo dito cabilldo, asi vos lo outorgamos, et rogamos et mandamos a o notario juso escripto que de et faga delo duas cartas de foro, anbas en un thenor, ha dos aforadores seja signada et selada con noso seelo.

Que foy feyta et outorgada dentro en a dita iglesia açerca da porta por onde soben a as bobedas onde se acustuma fazer cabilldo, doze dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et nobeenta et un anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Alvaro Dias da Lama, arçidiano de Sarrea; et Diego Gomes de Fonteyta, arçidiano de Triacastela; et Gomes Garçia de Gayoso, juez; et Gomes Ares de Cobelo, thesoreyro; Gomes Vasques, Juan Ares, Afonso Martines de Galdo, Gomes Fernandes, Andres Gomes, Roy Vellete, Lopo Dias de Guitian, canonigos prebendados; et Afonso Fernandes de San Jullao, raçionero, et outros.

Et eu Pedro Mendes de Foryis, canonigo da dita iglesia de Lugo, notario publico por las auctoridades apostolica et ordenaria et dos autos capitulares da dita iglesia, a todo lo susodito en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro, segun que por ante min pasou, a outro fis escripvir et en mina nota resçebi et aqui en ela puje meu signo et nome acustumado que tal he en testemoyo de verdade, rogado et requerido.