GMH/ÍNDICE A-Z

229

s/d

Tereixa Anes, moradora en Seixalbo, sinala os seus bens inmobles e rendas como peñor pola débeda de 962 mrs. contraída con tres particulares, que os terán ata que a liquide a razón de 80 mrs. anuais. (fols. 74v-75)

Feita e dada. Carta de Gonçalvo de Molgas e de seus conpaneiros.

Sabean quantos esta carta de a viren como eu, Tereija Yanes, moradeira enna aldea de Seixalvo, filla de Joan Yanes e de Maria Domingues, moradores que foron enna dita aldea, conosco que devo e ajo de dar et pagar a vos, Gonçalvo de Molgas et Lourenço d’Outeiro de Sellas et Gonçalvo d’Outeiro, morador enna aldea de Sorveira, cada hun a terça parte noveçentos e seseenta et dous mrs. de moeda vella branca en tres dños., os quaes ditos DCCCCLXII .- me enprestastes da venda que por min conprastes a meu marido, Joan Caldellaao que foy, que vos vendeu por elles etç. de que me dou por paga etç. et por los quaes ditos DCCCC LX et seseenta e dous mrs. vos lanço a prendas todos los beens e casas e viñas que eu ey e me perteesçen de dereito e son meus e que eu teño enna aldea de Seixalvo, asy casas como viñas e herdades e foros e rendas e dereitos e dereyturas e cubas e tinallas e todos los outros beens, para que os teñan en prendas porlos ditos mrs. e descontedes de cada hun anno por los ditos beens oyteenta mrs. da dita moeda vella e dando bos eu os ditos mrs. de cada anno de janeiro a janeiro tyrando os ditos LXXX .- que asy avedes de descontar, que os vos que me leixedes meus beens et livres et quites e non vos los dando de janeiro a janeiro que os teñades et levedes os froytos e rendas delles descontando os ditos LXXX.- asy de cada anno ata que sejades pagos dos ditos .- e que os labredes e paredes ben e pagedes os foros aos señorios segundo que eu soon tiunda e do al que os ajades de disemo a deus etç. et obrigo todos meus beens etç. et et ( fol. 74v)
nos, os ditos Gonçalvo de Molgas e Lourenço d’Outeiro e Gonçalvo do Outeiro, obrigamos nosos beens etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Ares Fernandes alfayate, Gomes da Rigeira, Fernando Mouro, Joan do Bouteiro.