GMH/ÍNDICE A-Z

236

maio, 10

Xoán de Lestedo, veciño de Santiago, ofrécese como fiador de alguén que está preso en Ourense por causa dun preito mantido en Santiago sobre certo viño. (fol. 78)

Fernando Garçia de Mallos.

En este día Joan de Lestedo, vesiño de Santiago, se obrigou que por rason que estava preso en cadea en poder de Afonso Yanes (- - -) por rason de çerto pleyto e contenda que avya enna çidade de Santiago por ante (- - -) sobre çerto viño e por quanto o dito Garçia alegava que o dito (- - -) non era manente et desia que non era vesiño, por ende que dava por fiador ao dito Joan de Listedo sobre rason do dito pleyto e de estar a todo que en elo fose julgado e ao juiso e pagar o julgado, para o qual asy se obrigou o dito Joan de Listedo, para o qual sy e seus beens etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Gonçalvo de Riba de Miño e Gomes da Rigeira et Afonso Yanes juis, Lopo fillo de Lopo, Afonso de Porto Marin. (fol. 78)