GMH/ÍNDICE A-Z

505
1434s/d

Afonso de Moreiras pon como fiador a Diego Rodríguez, ceboleiro, para levantar o embargo que pesa sobre os bens que ten da Orde de Alcántara na aldea de Moreiras. (fol. 157)

Carta de Afonso de Moreiras.

En este día Afonso de Moreyras diso que por rason que lle fora feito reçebemento et enbargo de çertos beens que el tiña enna aldea de Moreiras da ordeen de Alcantara por çertas personas, por ende que el que alçaba o enbargo con fiador para conprir de dereito, para o qual logo diso que dava et deu por fiador para conprir de dereito en rason do dito reçebemento et enbargo a Diego Rodrigues çeboleiro, morador en Mugares que presente estava, para conprir sobre elo de dereito a quen quer que o quisese demandar, protestando de non consenter en o nen consentía en outro qual quer reçebemento que lle dos ditos beens fose feito, et o dito Diego Rodrigues diso que asy se dava e outorgava por tal fiador e obri do dito Afonso de Moreyras, et que obrigava seus beens a dita fiadoría etç. Tests. Joan Yanes, Pero do Seixo juis de Moreiras et Gonçalvo Colcheiro et Roy Carneiro moradores en Moreiras et Afonso dos Santos de Santa Mariña et Afonso Anes de Ventrases.