GMH/ÍNDICE A-Z

516
1348, xullo, 18. Pobra de San Pedro
María Castaña e os seus fillos dóanlle á catedral de Lugo canto posúen no couto de Cereixa, freguesía de San Pedro de Cereixa.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 9v, traslado polo notario Afonso Tourón: 1387-V-3; Ext. Tumbo Nuevo, fol. 232v.

RISCO: ES, t. XLI, pp. 126 e 127.

Era de mill et trezentos et oyteenta et seys annos do nasçemento de noso Salvador Ihesu Christo, dez et oyto dias de julio.

Sabam quantos esta carta virem commo eu Maria Castanna, muller de Martin Çego, que foy, et eu Gonçalvo Çego et Afonso Çego, fillos dos ditos Martin Çego et Maria Castanna, moradores en San Pedro, por nos et por todas nosas vozes para senpre damos, por Deus et por nosas almas, por iur de herdade para senpre toda quanta herdade et casas et arvores nos avemos et nos perteeçen et perteeçer deven de dereyto en qualquer maneyra enno couto de Çereyxa, a montes et a fontes, peru quer que vaan, sub signo de San Pedro de Çereyxa, a a iglesia cathadral de Santa Maria de Lugo, que a aia de aqui endeante para senpre; et esta doaçon et esmola fazemos a a dita iglesia por emenda et corregemeto de mal, injuria et herro que fezemos enno dito couto de Çereyxa eu, o dito Gonçalvo Çego et (espazo en branco) por quanto fomos en ferir a Françisco Ferrnandes, moordomo do sennor obispo de Lugo, de feridas de que veo a morte, et por esta carta nos os sobreditos nos tiramos do iur et posison et propiadade da dita herdade et poemos en ela a dita iglesia de Santa Maria de Lugo, et a o dito senor obispo et a aquelles et a aquel que a por la dita iglesia ouberen de posuyr et teer et husar, et prometemos a Deus de non yr nen pasar contra esto que sobredito he en alguna maneyra, et se o fesermos nos, ou cada hun de nos, outorgamos que nos non valla nen seiamos sobrelo oydos en alguna maneyra, et demays que preçamos por pena, a o dito sennor obispo et a a dita sua iglesia, mill moravedis desta moneda usavel, et outrosy por ripintemento et dapno et sen razon que enno dito lugar fesemos nos, os ditos Fernan Çego et Gonçalvo Çego, et por seer ovidientes a merçee et misericordia que contra nos ha feyta don frey Pero Lopes, obispo de Lugo, prometemos et outorgamos de seer senpre en toda nosa vida en seu serviço et da dita sua iglesia et en aiuda dos seus familiarios, et aiudar enno seu ben et enna sua onrra en quanto noso poder for, et estorvar o seu dapno a todo noso poder, se o viirmos ou sobermos, en qualquer maneyra, et a non yr contra el nen contra sua iglesia en ninhuna maneyra; et se contra esto formos ou pasarmos en alguna maneyra outorgamos que preçamos por nome de pena et intereese a a dita iglesia et a o dito sennor obispo, por cada begada que contra elo formos, os ditos mill moravedis da dita moneda, et a a vos del rey outros tantos. Et esta carta et todo o que se en ela conten valla et fique firme para senpre. Feyta a carta enna Pobla de San Pedro enno dia et era sobreditos. Testemoyas que foron presentes: Roy Gomes, Roy de Quiroga, Pedro Are, Afonso Ferrnandes da Porta, Estevo Eanes, moradores enna Pobla; Iohan Çereyxa, et outros.

Et eu Vaasco Rodrigues, notario publico enna Pobla de San Pedro por noso sennor o infante dom Fernando, a esto foy presente et o escripvi por mandado das partes et fis aqui meu signo en testemoyo da verdade que tal he.

Eu Affonso Touron, notario publico de Lugo por la auctoridade do dito sennor obispo, vi et lii a carta de doaçon sobredita scripta en papel enno tenor sobredito et signada de signal do dito Vaasco Rodrigues, notario enna dita Prova de Sant Pedro, et a rogo et petiçon do dito sennor obispo, que diso que lle compria, et de liçençia et auctoridade de don Aras Peres, arçidiago de Deçon, et vigario geeral enno spiritual do dito sennor obispo, que viu et examinou a dita carta original, et por que a achou sen sospecta deu sua auctoridade et degredo a o traslado et traslados que eu dela sacase et signase de meu signal, que valuese et fesese fe ut quer que paresçese asy commo o verdadeyro original, aqui a fis trasladar en minna presença et en este traslado puge meu signal en testemoyo de verdade.

Que fuy feyta en Lugo tres dias de mayo, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et CCC LXXX et sete annos.

Testemoyas que viron et oyron leer a dita carta original ante o dito vigario et estavan presentes quando lle el deu a dita auctoridade: Aras Fernandes, coengo de Lugo; Rodrigo Eanes d’Outeyro; Johan Lopes do Felgar; Ares Nunes, scripvan [...].