GMH/ÍNDICE A-Z

529
1349, abril, 14. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Arias Gómez e a unha voz a herdade de Porto Outeiro, en Santiago de Ferroi, e outra herdade en San Román de Pallares por renda anual de 15 marabedís e unha oitava de cebada, respectivamente.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 62v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, estando iuntados no coro desa iglesia, avervamos a vos Arias Gomes de Santiago de Ferroe, escudeyro, morador en Lugo na rua da Crus, et a huna persoa qual vos nomeardes a tempo de vosa morte, toda a herdade que a iglesia de Lugo ha enno Porto Outeyro, sub signo de Santiago de Ferroe, et a herdade que os aniversarios desta iglesia de Lugo an sub signo de San Romao de Pallares, con todas suas pertenenças et dereyturas, a monte et a fonte, ut quer que vaan as ditas herdades, sub os ditos signos, a a tal pleito et vervo que vos façades lavrar et parar ben as ditas herdades, et nos dedes, cada anno, vos en vosa vida en salvo en Lugo por la dita herdade de Porto Outeyro, XV moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos o moravedi. Et a pesoa que vos nomeardes de, cada anno, dela en sua vida viinte moravedis. Et avedes a dar por la herdade, que he sub signo de San Romao, a os aniversarios cada anno en vosa vida huna oytava de çeveyra, et a pesoa que vos nomeardes de cada anno en sua vida duas oytavas de çeveyra, por la teega dereyta que andava ante que entrase Affonso. Et a finamento da persoa, que vos en este vervo nomeardes, as ditas herdades deven ficar livres et quitas a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Arias Gomes, que estou pressente por min et por la persoa sobredita, asy reçebo o dito vervo das ditas herdades de vos, los ditos dayan et cabidoo, et obligo min et todos meus beens para conprir et pagar a dita renda, cada anno, commo sobredito he. Et nos, lo dayan et cabidoo sobreditos, asy vos outorgamos o dito vervo. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos, las ditas partes, rogamos a Ferrnando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que feçese ende esta carta.

Que foy feyta no coro da dita iglesia de Lugo XIIIIª dias de abril, era de mill et CCC LXXX et sete annos.

Et foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Dias, thesoreyro; Iohan Dias, Thomas Gomes, coengos; Diego Gomes, Gonçalvo Yanes, raçoeyros de Lugo; Fernando Eanes et Affonso Ferrnandes, Gonçalvo Peres, clerigos do coro, et Lopo Peres, porteyro, ts.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a esto fuy pressente et fis scripvir et puge y meu signal.