GMH/ÍNDICE A-Z

530
1349, abril, 14. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Fernando Rodríguez, á súa primeira muller e a un fillo un casal de herdade en Vilar de Cas, freguesías de Santa María de Moreira e San Salvador de Soutomerille, por renda anual de dúas terzas de pan mais a obriga de construír unha casa e plantar árbores.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 63r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, avervamos et arrendamos a vos, Fernando Rodrigues de Vilar de Caes, et a vosa muller aquella con que primeyramente cassardes, por en todos vosos dias de anbos et de hun voso fillo qual o pustrimeyro de vos nomeardes a tempo de voso finamento, hun cassal de herdade dos aniversarios desta iglesia que he en Villar de Caes, sub signos de Santa Maria de Moreyra et de San Salvador de Souto Meyrille, con todas suas pertenenças et dereyturas, casas, arvores, a monte et a fonte, ut quer que vaan, o qual cassal voso padre, Ruy Ferrnandes, tevo avervado; a a tal pleyto et vervo que vos et o dito voso fillo lavredes et paredes ben as herdades do dito cassal, et façades y huna cassa cuberta de palla ata quatro annos primeyros et manteerla en boo estado, et façades y des arvores ut virdes que compre, et avedes a dar, cada anno, en salvo en Lugo, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia, duas terças de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo do mellor pan que y ouver posta a semente et pagardes-lo ata San Martino, cada anno, por la teega dereyta que andava ante que entrase Affonso. Et a finamento de vos et da dita vosa muller et do dito voso fillo, o dito cassal et herdades del et a dita casa feyta deven ficar livres et quitas a a dita iglesia de Lugo et a os aniversarios dela, con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Rodrigues que estou presente por min et por la dita minna muller, asy reçebo o dito casal et renda et vervo del de vos, lo dito dayan et cabidoo, et obligo min et meus beens et seus para o comprir asy en todo commo dito he.

Et nos, los ditos dayan et cabidoo, asy vos outorgamos o dito vervo et prometemos a a boa fe de non viir contra el. Et que esto seia çerto nos, las ditas partes, rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que feçese ende duas cartas tal huna commo outra no livro do cabidoo et outra a vos lo dito Fernando Rodrigues.

Que foron feytas en Lugo quatorse dias de abril, era de mill et CCCos LXXX et sete annos.

Et foron presentes: don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Dias, thesoreyro; Iohan Dias, Thomas Gomes, coengos; Diego Gomes, Gonçalvo Eanes, raçoeyros de Lugo; Fernando Yanes, Affonso Ferrnandes, Gonçalvo Peres, clerigos do coro; Arias Gomes, scudeyro; Lopo Peres, porteyro.

Et eu Fernando Garçia, notario publico sobredito, a esto fuy presente et fiz scripvir et puge y meu signal.