GMH/ÍNDICE A-Z

209
1332, outubro, 8
carta de pagamento

Lopo Rodríguez de Sabadelle outórgalle carta de pagamento a Domingo Pérez de Silvela por todo canto este lle debía ata a data. Dominga Iáñez, muller do devandito Domingo, ten por firme a venda.

ACOu, Escrituras X, 52

Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min notario e das testimoyas suescritas, Lopo Rodriguez de Sabadelle escudeiro de terra de Aguiar disso que el conoçia e outorgava que era entrego e bem pagado conpridamente de todolos dineiros, devedas e cousas que lle Domingo Perez de Silvela morador en Vilarchao e sua moller Dominga Eanes e cadaun deles a el devyam e de que lle eran tiudos e obrigados ata o dia da era desta carta, tam bem por prazos commo por testimoyas e por outra maneira qual quer. Et renunçiou que nunca por si nen por outre podesse dizer nen alegar en juyzo nen fora del que non era pagado e entrego das ditas devedas e dineiros e que as non reçebera ia e que as non avya en seu jur e en seu poder bem e conpridamente. Outrossi renunçiou a todalas outras boas razoens, exçepçoens, dereito e deffenssoes que por si contra esto poderia aver e alegar en juyzo e fora del. Et logo a dita Dominga Eanes moller do sobre dito Domingo Perez disso que ela outorgava e avya por firme e por estavil para senpre a venda que o dito Domingo Perez seu marido avya feyta a este Lopo Rodriguez da sua herdade e cousas que som na friguisia de Calvelle segundo que he nomeado e contiudo na carta da venda feyta por min Affonso Eanes notario d’Aguiar. Esto foy en Pedrayo de terra d’Aguiar, oyto dias doytubro, era de mill e ccclxx annos. Testimoyas que a esto presentes foron Martin Amor de Prexegueiroo, Pero Eanes dito Veloso morador no Outeiro de Moreiras, Ares Perez de Revoredo e Johan Rey do Moredo moradores en terra d’Aguiar.

Et eu Affonso Eanes notario publico en terra de Aguiar por nosso señor o arçibispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e en myna presença o fige escrivir e meu sinal y puge en testimoyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta de Calvelle.