GMH/ÍNDICE A-Z

63
1433, setembro, 13

Pero de Portadego declara que recibiu en casamento de Garcia Rodrigues de Correaria 2.000 maravedis, por casar coa sua filla Catalina García, e dase por pago de todo o que lle prometera.

(f. 27 v)

Pero de Portadego conosçeo que era pago de dous mill maravedis de moeda vella que lle dera en casamento Garçia Rodrigues da Correaria con sua filla Catalina Garçia, et outorgouse deles por pago et do al que lle prometera no dito casamento etc. por quanto foi delo pago en mĩa presença etc. Ts. Garçia Soares, juis de Muro, Gonçalvo Camiña, seu home, et Fernan Reixas, çapateiro, et Fernando, criado de min, notario et outros.