GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

592
1352, outubro, 29
Carta de poder outorgada por Xoán Fernández de Bolaño e a súa muller a favor de Vasco Pérez de Ciro e Arias Pérez.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 43r e v, incluída en: 1352-XI-10, (CD n.º 593).

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Iohan Ferrnandes de Bolanno et donna Costança, minna muller, façemos et estabelesçemos por nosos procuradores ligitimos et suffiçientes en todo a Vaasco Peres de Çiro et Aras Peres de [Magide], et a cada hun delles in solidum [...] et mandado et especial que possan elles et cada hun delles, en nosso nome, faser escanbea con obispo de Lugo et con cabidoo do dito lugar de todas las herdades et casas et iures et possissoes que nos compramos a Maria Affonso, filla que foy d’Affonso Peres de Lea [...] reçeberon en nosso nome nos outorgamos della por ben pagos et entregos assy commo por nos mismos fosse feyta a dita escambea et delles reçebesemos entrega, et renunçiamos por esta presente carta de nunca yr nen passar por nos nen por outrem a dita escambea nen contra parte della, et se o feçesemos, ou contra esto que dito he passemos en alguna maneyra, mandamos et outorgamos que nos non valla nen seiamos sobrelo oydos, et a dita escambea fique firme et valledeyra para senpre, et en esta carta obligamos nos et nosos beens a faser de pas a todo tempo a dita escambea, et relevamos a os ditos nossos procuradores et a cada hun delles de toda carrega de satisdar et con todas suas clausullas sub obligaçon de nosos beens. Et que esto seia çerto rogamos a Fernan Peres, notario de Valleyra, que fesese ende esta carta de procuraçon et possese y seu signal.

Que foy feyta viinte et nove dias d’outubre, era de mill et tresentos et noveenta annos.

Testemoyas que estavan presentes: Arias Castello, morador en Fuegos; Garcia Froyos de Riello; Rodrigo Affonso de Serees; Roy Peres de Castroverde; Fernan Peres de Bolssende, et outros moytos.

Et eu Fernan Peres, notario sobredito, a esto presente foy et a rogo et por mandado dos ditos Iohan Ferrnandes et dona Costança en minna presença esta carta fis escrivir et puys en ella meu nome et meu signal que tal he en testemoyo de verdade.