GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1027
1429, xuño, 16. Ribadeo

Costanza Rodríguez dá por válido o traspaso do casal de Xián realizado polo seu irmán o cóengo Afonso Rodríguez a favor do Cabido de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/23, perg. orix., galego, cortesá, 242 x 136 mm.


   

Sabean quantos esta carta viren como eu Costança Rodrigues, filla de Roy Peres da Porta Minaa, et muller de Afonso Lopes de Lugo, moradores que somos em esta vila de Ribadeo, por esta presente carta outorgo et conosco et con outorgamento et consintimento do dito Afonso Lopes, meu marido, que esta presente, que por quanto o dito Roy Peres, meu padre, deu et outorgou a Afonso Rodrigues, coengo, seu fillo et meu yrmao, en sua partilla por los bees de nosa madre, Ynes Afonso, que Deus perdoe, o casal de Giae que esta açerca da çiudade de Lugo, et o qual dito casal o dito Afonso Rodrigues deu et traspasou a o cabidoo da iglesia de Lugo, que aio por firme et rato do dito casal et traspasamento que o dito Roy Peres deu et outorgou a o dito Afonso Rodrigues et eso meesmo o traspasamento que do dito casal feso o dito Afonso Rodrigues en o dito cabidoo. Et prometo que contra esto que dito he non vaa nen pase en ninhun tempo en juyso nen fora del. Et porque esto seia çerto outorgo delo esta carta por lo notario et testemoyas sub escriptas.
Feyta en a vila de Ribadeo, des et seys dias do mes de junyo, ano do nasçemento de nosso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et nove anos.
Testigos que foron presentes: Juan Garçia, et Alvaro Dias, notarios; et Juan Fernandes, mercador, et Juan Sanches, vesinos desta vila de Ribadeo.

Et eu Bertolameu Afonso de Ribadeo, escrivano de noso senor el Rey et seu notario publico en la su Corte et en todos los seus reynos, a todo esto que sobredito he con los ditos testigos presente fui, et a rogo da dita Costança Rodrigues esta carta en mina presença fige escrivir et la signey de mio signo que tal he en testimonio de verdade (signo).