GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

486
1346, agosto, 10. Lugo
O Cabido de Lugo dóalles a Lope Rodríguez e á súa muller as súas propiedades en Papoi, freguesía de San Salvador de Calde, e reciben a cambio tres oitavas de centeo anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 43v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o dayam et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo juntados en cabidoo enna dita iglesia, segundo que o avemos de huso et de custume, en nome da dita nossa iglesia damos et outorgamos a vos, Lopo Rodrigues de Papoe et a vosa muller, Serra Arias, para vos et para toda vossa vos para senpre, todo quanto herdamento et vos Iohan [Fernandes], fillo de Fernando Rodrigues et de Tereyia Pellaes, que foron de Papoe, avian a dia de sua morte en Papoe, sub signo de San Salvador de Calde, con todas suas perteenças et dereyturas, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaan; o qual herdamento Pedro [...] [vesino] de Lugo, herel do dito Iohan Fernandes, deu a dita iglesia de Lugo por la sua alma del.

Et nos, os ditos Lopo Rodrigues et Serra Arias sobreditos, por nos et por toda nossa vos por este herdamento sobredito, que vos nos dades, damos et outorgamos a a iglesia de Lugo para senpre por iur de herdade, tres oytavas de çenteo, cada anno, por lo nosso casal de Santa Eufemea et por lo dito herdamento que vos nos dades que vos para ello obligamos. Et se por la ventura nos, ou nossa vos, vendermos ou supinnorarmos ou eallearmos en alguna maneyra o dito casal et herdamento, que vaan senpre en esta carrega sobredita. Et para todo esto assy conprir obligamos nosos beens. Et que esto seia çerto nos as partes sobreditas rogamos a Fernado Garçia, notario publico de Lugo, que fesese ende duas cartas tal huna commo outra, huna no livro do cabidoo, et outra a os sobreditos Lopo Rodrigues et Serra Arias.

Que foron feytas en Lugo des dias d’agosto, era de mill et CCC LXXX et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Diego [Fernandes, dayam]; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Arias Pelaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Jacome, juys; don Vasco Dias, thesoreyro; Vasco Rodrigues, Fernando Affonso, Johan Dias, coengos; Johan Fernandes et Lopo Domingues, raçoeyros de Lugo.

Et eu Ferando Garçia, notario publico del rey en Lugo, a esto pressente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir en este livro do cabidoo et puge y meu nome et meu signal.