GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

532
1349, abril, 17. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a García Fernández un casal en Santa María de Alta por renda anual de 20 marabedís o día de Entroido.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 61r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo, avervamos a vos Garçia Ferrnandes, fillo de Fernando Affoso de Rimaris, o nosso cassal, que he dos aniverssarios, que he en Santa Maria Alta, con suas pertenenças et dereyturas por en toda vossa vida, a a tal rason conven a saber que o lavredes et paredes ben et manteades as cassas en boo estado, et façades y çinquo arvores que fiquen feytas et pressas, et avedes-nos a dar por renda do dito cassal, cada anno, viinte moravedis desta moneda del rey don Affonso, a oyto soldos o moravedi, por dia d’Entroydo, et non nos pagando asy os ditos moravedis a o dito praso, commo dito he, que nos diades por nome de pena et pustura dous moravedis da dita moneda, cada dia, quantos dias pasaren dello praso endeante. Et a morte de vos, o dito Garçia Ferrnandes, que o dito casal fique livre et quito a nos et a nosa iglesia con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito Garçia Ferrnandes, assy reçebo de vos dayam et cabidoo sobreditos o dito cassal, et obligo por todos meus bees de comprir esto et pagar a dita renda commo sobredito he. Et por que esto seia çerto nos, estas partes sobreditas, rogamos a Fernando Peres, notario de Lugo, que fesese ende escrivir duas cartas en hun thenor.

Feita en Lugo XVII dias d’abril, era de mill et CCC LXXX VIIe annos.

Testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayan de Lugo; don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Dias, thesoreyro; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Rodrigo Afonso, coengos de Lugo:, et Gonçalvo Peres, sanchristan, ts. Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de noso senor el rey ena çiudade de Lugo, a esto presente foy con as ditas testemoyas et por rogo das partes fis escrivir et puge y meu nome et meu signal.