GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

56
1307, novembro, 13

Urraca Moxoa e o seu marido véndenlles a Nuno Álvarez e á súa muller parte dun prado en Santa Eufemia de Vilarmosteiro por 50 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/21, perg. orix., galego, gótica cursiva, 145x275 mm.

Era de mill et CCC XLVº annos, XIII dias de novembre. Conosçuda coussa seia a quantos esta carta viren commo eu Orraca Moxoa con meu marido Lope Peres, a vos Nuno Alvarez et a vossa muller Orraca Viviaes, vendemos do prado que chaman de Neira dos Greynos, unna sessma del minos a sessma d'esta sessma, o qual prado ias a ponte do prado commo ias su o caminno que vay do Castro de Neira para San Iullao, et commo departe do outro cabo do prado que fuy que fuy (sic) de Martin Froyaz et de Vivyan Froyaz et de Maria Pelaes, et fer de testa na carcava et da outra testa fer na leira que fuy de Vivian Froyaz, commo esta sarrado de sebe a sebe, que este su signo de Santa Ouffemea de Vilar Moesteiro. Et resebi de vos preso por esta vençon çinqueenta maravedis da moneda del rey don Fernando de que nos outorgamos por ben pagados, et outorgamosvos anparar con esta venson a todo tenpo por todos nossos bees.

Testemoyas: Affonso Pelaes de Neira, Mateu Pelaes de Veiga, Pedro Affonso de Serçeda, Iohan Ferrnandes fillo de Fernan Dominguez do Castro.

Eu Fernan Peres, notario publico del rey na Pobla de San Jullao, presente fuy et por rogo dos ditos Orraca Moxoa et seu marido Lopo Peres fis esta carta et puge en ella meu synal en testemoyo de verdade.

SIGNO