GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

244
1340, decembro, 14 (Vilariño)
venda

Ares Martínez, prelado de Santa Cristina de Vilariño, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle catro viñas en Mazaira, Val e Río de Vilares, por 220 mrs.

ACOu, Escrituras X, 53

Enno nome de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Ares Martinez prelado da igleia de Santa Cristina de Vilarino, vendo a vos Lopo Rodriguez escudeiro fillo de Rodrigo Aras cavaleyro que foy d’Aguiar, quatro leyras de vinas que eu aio e me perteeçen de parte de Martin Anes meu padre que foy juis d’Aguiar e de Maria Eanes que foy mina madre, das quaes unna leyra iaz hu chaman o termio de Maçaayra, et as duas leyras iazen no termio do Vale, et a outra leyra iaz no termio dos Vilares. Que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades as ditas leyras con entradas e seydas e con todas suas perteenças en jur de erdade para senpre de dizimo a deus e livres e quites de todo outro enbargo. Ca outorgo e conosco que reçebi de vos por esto ben e conpridamente todo o preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber duzentos e viinte mrs. da moeda del rey dom Affonso de que contan xvi pares de diñeiros por tres mrs., dos quaes me outorgo por ben pagado en presença do notario e testemoyas suescritas. Et outorgo anparar vos e toda vossa voz a dereito con esta vendiçon en todo tenpo por min e por todos meus beens gaanados e por gaañar. Et quen quer que contra esta carta passar ou veer peyte a vos e a vossa vos quanto demandar dobrado e aa voz del rey peite c mrs. da boa moeda e esta carta fique firme para senpre. Feyta a carta ennas casas de Santa Cristina de Vilarino, xiiii dias de desenbro, era de mill e ccclxxviii annos. Testemoyas Roy Martines prelado de Sabadelle, Pero Affonso desse lugar e Affonso Froytoso escrivan e Johan de Parada e Affonso Carreyros e Roy Maçia de Vilarino.

Et eu Affonso Eanes notario publico en terra d’Aguiar por nosso señor o arçibispo e por la igleia de Santiago que a esto presente foy e o escrivi e meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Carta de Sabadell[e] de Lopo Rodrigues.