GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

374
1366, febreiro, 11
doazón

Frei Pedro Alvelo, vigairo do mosteiro de San Francisco de Ourense, dóalle a Lopo Rodríguez de Sabadelle os bens que foron de Xoán López e Esteveíña Martínez en San Cibrao e en Papón, o casal de Sende (Siabal) e a viña de Bouza de Ramiro.

ACOu, Escrituras X, 34

(ed. BCMO 8 [1929], 437-438)

Sabbeam quantos esta carta virem que en presença de min Martin Gonçalves notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar et das testemunyas adeante escriptas, seendo juntados frey Pero Alvelo vigario do convento do moesteiro de Sam Françisco d’Ourense, con outorgamento de frey Fernando Afonso de Neyra doutor do dito moesteiro et con outorgamento do convento do dito moesteiro que foran juntados por canpaan tanjuda enno cabidoo do dito moesteiro sigundo que o am de uso e custume de se ajuntarem a faser cabidoo, deron e outorgaron em doaçon pura e firme a Lopo Rodrigues de Sabadelle escudeiro todos los erdamentos et beens que foron de Johan Lopes mercador et de Esteveyña Martines sua moller, que elles avyan em Sam Çibrao et en Papon et o casar de Sende que he enna friguesia de Sam Lourenço de Seabal et a viña de Bouço de Ramyro que he en termio d’Ourense, que foron dos ditos Johan Lopes et Esteveyña Martines sua moller, con todas suas entradas e seydas et con todos seus dereitos et perteenças assy commo doaçon mays pura et mays firme pode e deve seer feita et mays conpridamente valer de dereito, os quaes erdamentos et beens foron dados ao convento do dito moesteiro en contia de dous mill mor. em paga de huna contia que os ditos Johan Lopes et Esteveyña Martines devyan ao dito Lopo Rodrigues, sigundo se conten em dous estormentos feitos por notario que foron presentados ante Estevoon Fernandes juys d’Ourense que foi per nosso procurador. As quaes contias dos ditos estormentos vos o dito Lopo Rodrigues avyades dado ao convento do dito moesteiro. Et por que vos sodes escudeiro boon et reçebemos de vos moyto bem et moyta aiuda et por non viirdes a provesa et vos manteerdes en vossa onrra renunçiamos toda a doaçon que nos dos ditos diñeiros que se conteen nos ditos estormentos fesestes et poemos los en vos, et a sentença que por nos foi dada porlo dito Estevoon Fernandes juys per que nos asignou que ouvessemos porlos sobre ditos herdamentos os ditos dous mill mrs., et a todo dereito et señorio e posisson e propiadade et vos e auçon que o dito moesteiro et frades del por rasson da dita doaçon que lle delles fesera o dito Lopo Rodrigues avyan et lles perteeçiam commo qual quer e en qual quer maneira et por qual quer rason ennos ditos erdamentos e diñeiros que se conteen ennos ditos estormentos e poyñano todo enno dito Lopo Rodrigues e en toda sua vos para senpre, et que os podesse demandar et aver para sy assy commo de sua coussa propia et faser delles toda sua livre voentade. Et renunçiaron por sy e por todos los outros do dito convento que ora som ou seran et fossem daqui en deante que nunca contra esto veessen nen dissessem delo o contrario, et se o dissessem que non fossem sobre elo oydos em juyso nen fora del, et demays que peitassem ao dito Lopo Rodrigues ou a sua vos mill mrs. da boa moeda, et a penna pagada ou non esta carta et doaçon valla et fique firme para senpre. Feita a carta enno dito moesteiro de Sam Françisco d’Ourense, onse dias de fevereiro, era de mill e quatroçentos et quatro annos. Testemuyas que a esto foron presentes Lourenço Anes notario d’Ourense e Domingo Afonso mercador et Fernan Chico fillo de Johan Çerreda e Gomes Lourenço de Sabadelle e Johan Yanes de Sam Çibrao.

Et eu Martin Gonçalves notario sobre dito que a esto presente foy e en miña presença o fiz escripvyr et meu nomme e meu signal aqui fiz en testemuyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Carta de (Lopo) Rodrigues de Sabadelle.

Carta do casar de Sende que he en San Lourenço de Seaval.