GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

176

1421, xuño, 27.
O Concello acorda nomear procurador do mesmo a Rui Freire, escudeiro, ó que se lle sinalan mil maravedís de soldo e se lle toma xuramento.
O Concello nomea unha comisión, para que xuntamente co novo procurador, tomase as contas a Nuño Vinagre e ós herdeiros de Juan Raposo, procuradores que foran durante o ano 1420.
O Concello e comunidade ratificaba a Rui Sánchez de Moscoso na veciñanza da cidade, como fora Bernal Yañez do Campo, e gozase dos privilexios e liberdades de que gozaban os outros veciños.

Esta feira viinte e sete dias do mes de juyo, este dito dia seendo o conçello, alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil, segundo que an de costume enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade, presentes ende Roy Sanches de Moscoso cavaleiro vesiño da dita çidade e Martin Serpe e Gomes Rodriges, alcalles e Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Sancho Sanches de Moscoso e Juan Ares da Cana, jurados e regidores da dita çidade e presentes outrosi hũa parte da comunidade e vigarios das confrarias da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario e dos testemoyas adeante scriptos; enton os sobreditos diseron que fasian e feseron e estableçian e estabeleçeron por procurador do dito conçello e dos moradores enna dita çidade e visiños dela con todas las clusulas e solenidades do dereito a Rui Freyre, escudeiro, vesiño e morador enna dita çidade ao qual diseron que davan e deron todo seu livre e conprido poder para que en nome do dito conçello podese demandar, reçeber e acadar todas las contias de maravedis e dineiros e devedas e rendas e outras quaesquer cousas que ao dito conçello eran devidas en quaesquer maneyra ata este presente dia e d’aqui endeante ata huun anno primeiro seginte en que fasian por procurador ao dito  Rui Freire e para que podese faser frontas e requirimentos e protestaçoes e tomar testemoyas e testemoyos aqueles que cunplisen e fosen neçesarios de se faser e tomar en //
(Fol. 90 vº)
proveyto da dita çidade e dos moradores e visiños dela e responder e dar resposta a quaesquer requirimentos e protestações e estimações e testimoyo e testimoyos que quaesquer persona ou personas quisesen tomar contra o dito conçello e moradores e vesiños da dita çidade en qualquier maneira e faser todos los outros autos que fosen neçesarios de se fazer en defenson do dereito e garda da dita çidade e moradores e visiños dela durante o tenpo do dito seu procuratorio e diseron que gẽeralmente fazian e fezeron por seu procurador al dito Ruy Freyre en todos los pleitos e negoçios do dito conçello e çidade movidos e por mover e que eles avian ou entendian de aver a qualquer o quaesquer persona ou personas e que qualquer ou quaesquer persona ou personas avian e entendian de aver contra eles e sobre quaesquer cousas por ante noso señor (el rey e señor) 48 arçobispo de Santiago e por ante seus vicarios, juises e oydores e por ante cada uun deles e por ante outro qualquer juis clerigo ou leigo ordinario delegado ou subdelegado que de seus pleito ou pleitos podesen e devesen conosçer de dereito para faser pedir, demandar, responder, defender, contradiser, comestar, propoer, anparar, reçeber, recusar, reconbinr, recontar, frontar, protestar libelo ou libelos, dar e a outros responder exepcoes, poẽr pleito ou pleitos, entrar e contestar e (para que) en suas almas e de cada uun deles podese jurar juramento de calupnia e deçesorio e de dizer verdade e outro qualquer juramento que lle en nome do dito conçello jurados e omes bõos e dos moradores da dita çidade fose demandado e entrar por autor e defendedor, nomear e dar outra ou outras carta o cartas goanar e outras, purgar, testar (...) e contradiser e a absoliçon de las pedir benefiçio de restrituyçon in intrega e da absoliçon sinplesmente e aa captela pedir, reçebir, provar, reprovar, concludir sentença ou sentenças, pedir e oyr, apelar e suplicar e a resposta e apellos, pedir e requirir a apelaçon e suplicaçon segun e para que podese pedir custas (e jurarlas) e vierlas taixar et reçeber e dar carta ou cartas de pago dos maravedis das ditas custas e darlas e entregar se mester fose (para) que pedise exsecuçon delas e da sentença ou sentenças dadas por lo dito conçello e jurados e omes bõos e moradores (e visiños) da dita çidade e outrosi diseron que llo davan e deron poder cunplido para que en seu lugar e en nome deles (o dito conçello) e de cada uun deles podese faser e sostituyr huun procurador ou dous ou mais quaes e quantos quisese e vise que cunplise et para que os podese revocar quando e cada que quesese e despois da revocaçon o ofiçio da procuraçon en si tomar e tornar e para que podese faser e fesese sobre estas ditas cousas e cada hũa delas todo quanto eles os ditos (conçello) alcalles e jurados (e regidores) e omes bõos e visiños (e moradores) da dita çidade farian e tazer podrian presentar seendo aynda que fose en tal caso e sobre taes cousas que de dereito demandasen e requirisen aver espeçial mandado e que todo quanto por lo dito seu procurador ou por los seus sostituto ou sostitutos sobre esto que dito he ou sobre parte delo. Feito fose e procurado dito tratado e rasoado, recibido, recabdado e carta ou cartas de pago por el o dito procurador dadas e outorgadas e frontas e requirimentos e protestações e estimações e testimoyo ou testimoyos por eles ou por qualquer deles feitos e tomados que eles o otorgavan todo e o avian e averian por firme e estavel e valedeiro e que prometian e prometeron non vinir (sic) contra elo nen contra parte delo, so obligaçon dos bẽes do dito conçello que para elo obligavan e obligaron e para estar a o juso e conprir e pagar o que contra elo fose jolgado e pero que eles ou alguuo deles por si mesmos e algũu pleito ou pleitos fosen que non entendian por ende esta carta de procuraçon revocar //
(fol. 91)
E o qual poder diseron que davan e deron a o dito Ruy Freyre so (esta condiçon): que el non podese faser auto algũu sen estar a elo presentes os alcalles e regidores da dita çidade e vigarios das confrarais dela, aqueles que quisesen viirn (sic) quando se fesesen conçello ou consistorio. E eso mesmo que eles, os ditos alcalles e regidores e jurados e omes bõos non podesen faser conçello nen consistorio nen autos alguuos sen estar a elo presentes o dito procurador e os vigarios das ditas confrarias que quisesen viinr (sic) a tal conçello ou consistorio quando se fesese e todos los autos que asi fesesen todos juntamente segundo susodicho declarado que os avian e averian firme e estaveles e valedeiros. Esto foy enno sobredito lugar, anno, dia e mes, sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Nuno Vinagre, Juan Gonçales da Cana, Juan d’España, Vasco Picado, Vasco Peres Abril, Juan Serpe, fillo do dito Martin Serpe, Garcia Gonçales Porra, Gonçalvo Abril, Afonso Gonçales Trinbollo. Juan Ares Chantreiro, Bernald Yanes do Camiño, Fernan Bernaldes, Juan de Malvares, Turibio Fernandes, sibicheiro, Afonso Rodriges, canbeador, Roy Fernandes, mercador, Pero de Moscoso, sibicheiro, Alvaro de Ribadulla, Goter Gomes, escrivan, e Suero Martines e Lourenço, alfayates, e Juan de Viveiro e Alvaro Rodriges, demandador e Gonçalvo Serpe e Garçia Janeiro e Vasco de Piloño, vesiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, alcalles, regidores e omes bõos e comunidade diseron que mandavan e mandaron que o dito Ruy Freyre ouvese e levase por seu traballo do dito procuratorio mill maravedis, branqua en tres dineiros, e se mais merecese que llefose pagado a ben vista de Pero Eanes Abraldes e Gomes Rodriges, bachiller e Afonso Gonçales Tranbollo, mercador e demais que fose quito de renda, fallas e refallas e de pousadaria. E logo o dito Rui Freire feso juramento en sinal de crus en lugar de Santos Avangeos de gardar proveyto do dito conçello e vesiños e moradores del e para dar boa conta leal e verdadeira e pagar a o dito conçello ou a quen o por el ouvese de aver todo aquelo que por el recabdase dou por seu fiador deveda e prinçipal pagador a Fernan Ares Xarpa que presente estava que outorgou a dita fiadoria e obligou a ela si e seus bẽes.- Testemoyas os sobreditos.
Outorgou Fernan Ares sobre esta fiadoria carta firme.
Predito. O sobredito Rui Freyre obligou asi mesmo e a todos seus bẽes de quitar a pas e a salvo a o dito Fernand Ares desta dita fiadoria e se custas etc. e outorgou sobre esta rason carta firme. Testemoyas os sobreditos.
(Fol. 91 vº)

Predito.- Os sobreditos deron poder cunplido a Alvaro Gil e a Ares Chantreiro e Juan de Viveiro e a Goter Gomes scripvan e a Ruy Freyre para que podese tomar conta de Nuno Vinagre e de herdeiros de Juan Raposo, procuradores que foron o anno pasado do dito conçello de todas las contias de maravedis e rendas que por lo dito conçello recabdaran o anno de seu procuratorio e tomada a dita conta que fesesen delo relaçon a o dito conçello. Testemoyas: os sobreditos.
Predito.- O dito conçello, alcalles e regidores e omes boos e comunidade diseron que retificavan e retificaron ao dito Ruy Sanches de Moscoso que presente era a vesindade da dita çidade para que fose dela vesiño segundo e enna maneira que o era Bernald Yanes do Canpo, a quen Deus perdon, e gosase dos privilegios e libertades de que gosavan os outros vesiños da dita çidade e o dito Rui Sanches diso que asi o reçebia e prometeu de ajudar e defender e gardar en quanto seu poder fose a o dito conçello, alcalles e regidores e jurados e comunidade e vesiños e moradores da dita çidade e a seus lavradores e omes a a boa fe e sen mao engano e que ese mesmo os ajudaria a gardar, tẽer e conprir os pleito e omenajẽes que avian feitos e fisesen a noso señor el rey e a o señor arçobispo de Santiago e a cada uun deles.- Testemoyas: os sobreditos.
 

48 O contido entre corchetes está escrito sobre a liña.


Materias

arcebispo; branca; confraría; conta; contador; diñeiros; evanxeos; familia; fianza; fillo; fisco; marabedí; nomeamento; obrigación; poder; pousadas; rei; veciñanza; vigairo; xornal; xuramento; xurisdición; notaría

Persoas

Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso González Trambollo, mercador; Afonso Rodríguez, cambiador; Álvaro de Ribadulla; Álvaro Rodríguez, demandador; Bernal Eáns do Camiño; Bernal Eáns do Campo; Fernando Ares Serpe; Fernando Bernaldes; Fernando Eáns, notario público; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; García González Porra; García Xaneiro; Gómez Rodríguez, alcalde de Santiago de Compostela; Gonzalo Abril; Gonzalo Serpe; Guterre Gómez, escribán; Lourenzo, xastre; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Martiño Serpe, alcalde de Santiago de Compostela; Nuño González Vinagre, procurador do concello Santiago de Compostela; Pedro de Moscoso, acibecheiro; Roi Fernández, cambiador; Roi Freire, escudeiro e procurador do concello Santiago de Compostela; Roi Sánchez de Moscoso, cabaleiro; Sancho Sánchez de Moscoso, rexedor de Santiago de Compostela; Sueiro Martínez, xastre; Toribio Fernández, acibecheiro; Vasco de Piloño; Vasco Pérez Abril; Vasco Picado; Xoán Ares Chantreiro; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán de España; Xoán de Malvares; Xoán de Viveiro; Xoán González da Cana; Xoán Raposo, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Serpe; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, igrexa; Altamira