GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1396
1498, marzo, 11. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Alonso de Cospeito e a dúas voces unha casa na rúa lucense de Batitalas por renda anual de 24 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 17, perg. orix., galego, cortesá, 205 x 270 mm.; Cód. 418 B, f. 2 r. e v.

Sepan quantos esta carta de foro vieren como nos el dean el Cabildo da yglesia de Lugo, que a yuso seran nonbrados, seendo asentados en noso cabildo por son de canpana tangida a par da porta por donde soben as bobedas, segundo que avemos de uso et costume, et de consentimiento et outorgamiento de Roy d’Aguiar clerigo, rendeyro prinçipal dos aniversarios de la dicha yglesia, que he presente et outorgante, damos aforo et averbo a vos Alonso de Cospeyto, fillo de Diego de Cospeyto, et a outras duas personas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persona que por vos fos nomeada, una nosa casa et dos ditos aniversarios que esta en esta çibdad de Lugo en a rua de Batitalas, sub o signo da Capela de Santiago, en a qual agora mora Tereyia Perez, filla de Alvaro Gomez de Lea, madre de vos, o dito Alonso de Cospeyto, a qual dita Tereyja Perez tina foro da dita casa, o qual oje dimiteu en nosas maos et nos lo resçibimos. A qual dita casa esta junta de una parte con outra casa que foy de Juan Fernandez, clerigo, et da outra parte con outra casa que foy de Pedro Meendez, canonigo. A qual vos aforamos con suas entradas et saydas, dereyturas et pertenenças, segun a nos pertenesçe, a tal pleito et condiçion que vos façades et ergades a dita casa de dous sobrados et balcoos, segundo que as outras da a par dela estan, de oje dia fasta cinco anos primeros seguientes, so pena de perder este dito foro se ansi no fecerdes. Et avedes de dar et pagar por este dito foro vos et as ditas duas personas a aquel que for rendeyro et mordomo dos ditos aniversarios veynte et quatro maravedis vellos, de cada dez cornados o maravedi, por dia de Sant Martino de nobenbre, en cada un ano. Et mays de aqui adiante non seredes en dano ni en perda da dita yglesia antes ha honrraredes et ajudaredes a ella y os benefiçiados dela en o que a vos for posible. Et a finamiento da postrimeyra persona, que subceder en o dito foro, que a dita casa con todas las benfeytorias et reparos que avedes en ella de fazer fique libre et desenbargada a dita yglesia, et con todos los outros boos paramentos que en ela foren feytos. Et otrosi con condiçion que la postrimera persona, que suceder en o dito foro, seja tenuda et obligada de se viir mostrar a o dito cabildo como he persona et foreyra del et de o resçibir del do dia que en el suceder por persona fasta trinta dias primeros seguientes, so pena que no no fazendo asy que perga o dito foro et toda a voz et abçion et dereyto que a el tever.

Et eu, o dito Alonso de Cospeyto, que presente estou, asi resçibo o dito foro da dita casa de vos, o dito dean et cabildo, con las maneiras et condiçiones sobreditas, et obligo a mi et a meus vees et das ditas personas de o compliremos et pagaremos et atenderemos, segundo et por la maneira et condiçiones que en esta carta de foro se conteen. Et nos, o dito dean et cabildo, asi vos lo otorgamos. Et porque esto seja cierto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario de juso escrito que fezese delo duas cartas de foro, anbas feytas de un thenor, una para vos, o dito Alonso de Cospeyto, et vosas personas et outra que la escriviese eno libro do dito cabildo et en este meu registro, et as signase de meu signo. Et por mayor firmeza mandamos seelar a carta de vos, o dito Alonso de Cospeyto, con o seelo do dito cabildo.

Que foy feyto et otorgado dentro en a dita iglesia, a onze dias do mes de março, do ano do nasçimiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatrocentos et noventa et oyto anos.

Testigos que foron presentes et otorgaron o que dito he: don Gonçalvo Gomez de Montenegro, dean; et Alvaro Diaz de Lama, chantre; et Pedro Ferrnandes das Camoyras, bachiller et arçediano de Sarrea; et Gomez Garcia de Gayosso, et Diego Gomes de Fonteyta, arçedianos de Deçon et Triacastela; et Afonso Martiiz de Galdo, juiz; et Gomez Ares, thesorero; et Johan Ares de Parga, et Gomez Ferrnandes, et Vasco Rodriguez de Gayoso, et Lopo Meendez, et Pedro Gonçalvez de Castroverde, et Juan Lopez de Gaybol, et Pedro de Parga, canonigos; et Afonso Ferrnandes de San Jullao, raçioneros; et Juan Teyxeyro, et Pedro Meendez o moço.

Et yo Garçia de las Camueras, canonigo en la dicha iglesia et notario por las abtoridades apostolica et ordinaria et secretario de los abtos capitulares del cabildo de la dicha iglesia a este dicho fuero, segundo que por los dichos senores fue otorgado et el dicho Afonso de Cospeyto lo reçibio, en uno con los dichos testigos presente fui, et por mandado et ruego de los dichos aqui por otro escrivir fize et puse estos mis nonbre et signo acustumbrado que tal es rogado et requerido. Valga et non enpezca a [...] esta raydo do dise con outra parte que asi deve diser.