GMH/ÍNDICE A-Z

E1-15
1436, maio, 22
O bispo outorga ao seu alguacil o poder rexio de que el é delegado para cobrar os pedidos. (fol. 9)

Poder que o bispo deu ao algazil.

A XXII dias de mayo o señor don Diego obispo d’Ourense deu poder conprido ao seu alguazil Martin dela Torrre segundo que o el tiña del rey etç. et eso sobre rason dos pedidos e prendar et apemear e faser todas aquelas deligençias que el faría en nomme do dito señor rey etç., sobre lo qual lle dava tamaño poder como ho el tiña do dito señor rey etç. Tests. que foron presentes Gonçalvo d’Ouranse, Pero de Penalveyro et Afonso Vasques de Vaamonde. (fol. 9)