GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

229
1337, xaneiro, 24
testamento

Testamento do cóengo Afonso Viviáez, que no seu día fora feito por escrito e ante testemuñas e agora se traslada ante notario a petición do seu irmán, Martín Domínguez.

ACOu, Escrituras I, 13

Enno nomme de deus amen. Sabeam quantos este testamento virem que en presença de min Affonsso Peres notario publico d’Ourense porla igleia desse lugar et das testimuyas adeante escriptas Martin Domingues reytor da igleia de Sam Pero de Codeiro pareçeu por ante Pero Giaez coengo e vigario geeral do onrrado padre et señor dom Vaasco pela graça de deus bispo d’Ourense enna costra nova da igleia de Sam Martino et disso que Affonso Viviaez seu yrmao e coengo da igleia d’Ourense seendo doente da doença de que se finou que fesera seu testamento por escrito e por testimuyas e non por notario por que o non podera aver, et que esteveran y presentes Martin Fernandes et Roy Peres coengos e Pero Lourenço clerigo, Gonçalvo Peres clerigo do coro, Affonso Eanes do Souto, Fernan Eanes clerigo d’Affonso Viviaez, Pero Lourenço escrivan, Fernan Gonçalvez notario, o qual estromento de testamento o dito Affonso Viviaez leixara em guarda do dito Martin Fernandes coengo, et por que o dito Martin Domingues era mays chegado parente do dito Affonso Viviaez assy commo aquel que era seu yrmao, et por que entendia que avya enno dito testamento algunas clausulas que lle perteençian, por ende pedia ao dito vigario que el mandasse viir o dito testamento por ante sy, et que o mandasse leer e publicar, et que desse outoridade a min notario que o metesse en pubrica forma. Et logo o dito vigario mandou ao dito Martin Fernandes que trouxesse o dito testamento por antel. Et o dito Martin Fernandes deu logo o dito testamento ao dito vigario que estava sarrado e seellado dos seellos do dito Affonso Viviaez e dos ditos Martin Fernandes e Roy Peres coengos. Et o dito vigario fezo logo viir os ditos Martin Fernandes e Roy Peres e Pero Lourenço e Gonçalvo Peres clerigo do coro et Affonso Eanes do Souto e Fernan Eanes clerigo do dito Affonso Viviaez e Pero Lourenço escrivan e Fernan Gonçalves notario et reçebeo logo delles juramento aos santos avangeos corporalmente taniudos con suas maos que dissessem verdade se era aquel escrito que elles mostravan aquel que Affonso Viviaes coengo que fora d’Ourense dera por seu testamento et por sua postrimeira voentade seendo doente daquela door de que morreu et cadahuun delles disso que sy, preguntados en que conosçian que aquel escrito era aquel que o dito Affonso Viviaez dera por seu testamento e por sua postrimeira voentade, et cadahun delles disso que o dito Affonso Viviaez os rogara que fossen testimuyas em commo el dava e queria que aquel escrito que fosse seu testamento e sua portrimeyra voentade, et outrossy que el que os rogara que escrivisen em el seus nomes e que conosçian as suas leteras que elles y escriviran por sua mao e os ditos seellos. Et o dito vigario abrio o dito escrito et mandou a min notario sobre dito que o leesse e pubricasse e o metesse en pubrica forma de testamento para senpre valedeyro. O qual testamento era feyto em esta maneyra:

Enno nomme de deus amen. Estas som as devedas que a min Affonso Viviaez coengo d’Ourense deven: Primeyramente herees e conpridores do testamento do deam dom Pero Paes dous mill e quinentos mor. portugueses. Iten Ares Peres e Viviana Garçia sua moller quinentos mor. de brancas e ten de min a Soma do Ostienssy. Iten Fernando Ares coengo çento et quinse mor. de brancos e diñeiros de qatorse moyos de viño do ameu aprestamo de Praduzelos. Iten o moordomo do do cabidoo aquelo que disser por sua verdade. Iten me deve Fernan Peres o raçoeiro quatro mill e quinentos mor. de portugueses por Miguell Domingues cujo heree eu fiquey da renda que esse Fernan Peres tiiña seendo esse Miguell Domingues moordomo do cabidoo. Iten deveme Lourenço Eanes clerigo de Santo Andre de Canpo Redondo duzentos mor. portugueses. Iten me deve Lourenço Eanes do Baroon sesseenta et oyto libras de portugueses e nove tegas de pam e seys puçal de viño. Iten me deve Johan Domingues yrmao de Fernan Clerigo huun marco de prata. Iten me deve Johan Fernandes de Verosende seys libras de brancos e soon pagado de todalas rendas que de min tevo. Iten me deve Johan Eanes de Sam Lourenço o que el disser pela sua verdade que me deve. Iten me deve Johan Domingues abrocador trese libras de brancos.

Estas som as devedas que eu devo. Primeyramente devo a Lourenço Domingues da rua da Obra por Gonçalvo Viviaez meu yrmao oytoçentos mor. portugueses ou aquelo que el disser. Iten a Lourenço de Veiga polo dito Gonçalvo Vivaez aquelo que pareçer por estromentos. Iten devo a Gonçalvo do Mato noveçentos e çinqoeenta mor. portugueses que lle devya o dito meu yrmao. Iten devo ao bispo aquelo que está por estromento.

Enno nomme de deus amen. Eu Affonsso Viviaez coengo d’Ourense con todo meu siso e entendemento qual mo deus quiso dar, temento morte natural, a qual ninhun non pode escusar, por tal que depoys de miña morte non vena contenda entre alguuns sobre meus beens, ordino delles en esta maneyra: Primeiramente dou e mando a miña alma a deus e a sua madre santa Maria, et mando deytar meu corpo enna costra nova de Sam Martino enno meu moymento en que iaz meu yrmao, et mando en offerta aquel dia que me sepultaren quinse mor. en pan e en viño. Iten mando para çera aquelo que vyre meu conpridor que conpre que seia sen mingua. Iten mando ao cabidoo por sepultura c mor. Iten lles mando por cama duzentos mor. por que a cama non he tam sem vergona commo conpre por rason da miña door, e mandolles a viña da Ponte. Iten mando aos clerigos do coro çincoeenta mor. e que me digan huna missa aquel dia que eu finar. Iten mando mill mor. de brancos para missas de sobre altar e que as faça dizer meu conpridor en missas e en triintanarios commo vir que mays conpre e o mays çedo que se poder fazer. Iten mando que me terçen tres veses enno anno e mando para cada terço c mor. Iten mando aos frades de Sam Françisco çincoeenta mor. para huna pitança. Iten mando a Affonso sobrino de Johan Ares e meu criado as miñas casas da rua do Pumar e a miña viña da Cuyna. Iten dey huna casa aa obra na Ayra do Bispo e outorgolla e mando demays aa dita obra cen mor. de brancos. Iten outorgo a doaçon que fige aos clerigos do coro doutra casa que está enna Ayra do Bispo. Iten faço vos nas casas en que moro que me afforou meu señor o bispo que estan enna rua da Obra, Paulos meu criado. Iten faço vos na casa que teño aforada da capela de Seoane Gonçalvo seu yrmao. Iten faço vos na outra casa que é da capela Catalina sua yrmaa por condiçon que more en ela sua madre e a crii en quanto non for de ydade. Iten ordeno de todolos outros meus beens, conven a saber casas, viñas et possissoens hu quer que os eu aia tan ben de parte de Pero Ravea commo en outro lugar qual quer que os eu aia huna capela en esta guisa, que a tena Paulos e Gonçalvo e Catalina en sua vida et morto hun delles que fique nos outros dous et morrendo huun dos outros que fique no postrimeiro delles et morto o postrimeiro que fique ao cabidoo, et estes en sua vida dem cada anno ao cabidoo x mor. en dia de Sant Eylaffonsso et tenan en sua vida hun capelam que estia todalas oras e cante de cada dia missa de sacrifiçio pola alma do bispo dom Pero e do bispo dom Gonçalvo Daça e de dom Gonçalvo de Novoa e do bispo dom Vaasco que agora he que deus mantena e pola alma de Pero Ravea e pola miña e pola de meu padre e de miña madre e de todos aqueles a que eu soon tiudo. Et despoys que esta capela veer a mao do cabidoo que teña por elo huun capelan e o residoo que y ouver que o partan aas oras entre sy commo teveren por bem, sobrela qual cousa encarrego suas conçiencias. Iten por que Gonçalvo Viviaez meu yrmao me estituyo enna soçisom que fezo dos beens que avia na friigresia de Sobrado e das casas da rua Nova e da rua dos Arçidiagos e mandou que tevesse a dita soçisom en miña vida, et a miña morte o bispo que pelo tenpo fosse estituysse en ela huna pessona de seu linagen qual lle eu dissesse que non fosse liidemo digo que aquela pesona que o dito Gonçalvo Viviaez comigo falou he Affonsso criado de Martin Domingues do Bayoco. Et peço por merçee a meu señor o bispo que o estituya enna dita soçisom por aquela condiçon que se enno testamento do dito Gonçalvo Viviaes conten. Iten por que eu non ey bestea nen vaso nen taça, mando a meu señor o bispo dos marcos de prata. Iten mando a Martin Domingues meu yrmao quinentos mor. de brancos e dous moyos de pam e çinqo touçinos e hun almadraque. Iten mando a Johan Fernandes o meu tabardo da penna con seu capeyrote e o meu pelote da penna e dous moyos de pam e tres touçinos et cen mor. de brancos e mando que more en aquela casa en que mora en sua vida. Iten mando a Moor Viviaez c mor. Iten a Aldonça Viviaez c mor. Iten a Moor Affonso c mor. e huun pelote de gamelin. Iten a Costança Affonsso c mor. Iten a Tereyia Affonso c mor. e dous moyos de pam e tres touçinos. Iten a Rodrigo meu neto c mor. de brancos e huun pelote. Iten mando a Ouffemea Migues cc mor. e dous moyos de pam e destas perffeas da casa aquelas que vir meu conpridor que lle conprem. Iten mando a Gomes meu sobrino huna saya. Iten mando a Moor Lourença moller de Garçia Peres çincoeenta mor. Iten mando que den de vestir a Pero Fernandes e a Pero Fernandes e a Tome Eanes e a Vidal Peres e a Pero Martines. Iten mando dar a Gonçalvo Eanes dose varas de viado e a Johan Dias huna cappa e huna saya. Iten mando a Martin Domingues o meu bravyario et huun dos meus tabardos. Iten mando a Paulos todolos meus livros. Et recade do arçidiago Johan Migues o Especulo e de Ares Peres a Soma do Ostienssi. Et peço por merçee a meu señor o bispo que me faça tirar o livro Sesto que teño por el em Çamora et que o aia este Paulos. Et pagadas miñas devedas e miñas mandas faço meu heree en todolos outros meus beens e conpridor deste meu testamento Gonçalvo do Mato notario d’Ourense que cun[n]pra este meu testamento por meus beens e sen seu dano e commo el fezer por min e fezer a meus criados tal destrenga deus que faça por el. Et peço por merçee a meu señor o bispo que anpare e deffenda o dito me[u] heree e meu conpridor e que lle non leixe fazer força e que mande conprir este meu testamento et que correga en el aquelo que sua merçee for. Et encomendolle meus criados e todos aquelles que de min atendiam ben e que lles faça ben e merçee. Et esto todo lle peço por merçee que mo atenda assy commo mo prometeu. Iten quito Pero Martines do moordomadigo que de min tevo asy que neguen non lle posa fazer demanda sobrelo. Et esta meesma quitaçon faço a Tome Anes por condiçon que Pero Martines faça por min diser dous triintanarios e Tome Anes huun ali hu mandar Domingo Eanes cappelam de Santa Ouffemea. Et esta quitaçon faço a Lourenço Martines por condiçom que faça diser dous triintanarios ali hu mandar Lourenço Peres clerigo. Outrosy leixo ao dito Gonçalvo do Mato en guarda e en comenda os ditos Paulos e Gonçalvo e Catalina que teña elles \e/ os beens desta capela en que os estituyo e que teña por elles o capelan sigundo que eu mando e pague cada anno ao cabidoo aquelo que lle mando pela dita capela e provea a elles de comer e de vestir o mellor que el poder pelo que y ouver, et o que y ficar dos beens da dita capela que llelo guarde, et desque elles foren mas pessonas que elles possan teer a dita cappela en sy e lavrala e aproveytala que a entren e a reçebam e el que lles de aquelo que dos froytos da dita capela sobeiar, et dandolles el delo boa conta e verdadeyra sigundo deus e sua alma daquelo que dos froytos sobeiar elles proveudos que elles nen cada huun delles non aian poder de o meter a pleito nen a dano el nen seus beens sobresta rasom. Et esto dou por meu testamento et por miña postrimeyra voontade, et mando que valla commo testamento. Et se non valuer commo testamento valla commo codiçilo ou commo outra escritura mays firme que pode seer. Et por este testamento revogo todos los outros testamentos que ey feytos ata aqui et mando que non vallan senon este que dou por meu testamento. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento veer en parte ou en todo ou tomar alguna parte de meus beens contra voontade de meu heree aia a yra de deus e a miña maldiçon et quanto demandar peyteo a meu heree dobrado e perca o que lle eu mandey en este testamento et aa vos del rey peyte por pena cem mor. da boa moeda et este testamento fique senpre firme. Feyto o testamento en Ourensse, viinte e quatro dias de janeyro, era de mill e tresentos e seteenta e çinqo annos.

O qual testamento abberto e pubricado, o dito vigario mandou a min notario que o metesse em pubrica forma de testamento para senpre valedeyro. Et Gonçalvo Peres dito do Mato que estava presente disso que commo quer que o dito Affonsso Viviaez o leixasse por heree e conpridor de seu testamento que el que era enbargado de moytos negoçios de seu señor o bispo e seus en maneira que el non podia tomar esta carrega sen gram meoscabo de sua fazenda. Mais pero por quanto ben e criança Gonçalvo Viviaez yrmao do dito Affonsso Viviaez e o dito Affonsso Viviaez lle feserom, que el queria husar do dito testamento e husar da dita herença sigundo que o dito Affonsso Viviaez lle mandara. Pero con protestaçom que el nen seus beens non seiam por esto obrigados por nehuna cousa que el faça por rasom do dito testamento nen pela hereença que reçebe do dito Affonsso Viviaes et que mentre el achar beens desenbargados que fossem do dito Affonsso Viviaes que en tanto quer faser eysecuçom do dito testamento e a mays non se obriga. Et desto o dito Gonçalvo Peres pedío a min notario que lle desse ende huun pubrico estromento. Esto foy en Ourensse enno lugar sobre dito o primeyro dia de fevereyro, era de mill e tresentos e seteenta e çinqo annos. Tests. que presentes foron dom Johan Migues arçidiago de Castela dom Gonçalvo Peres thesoureiro, Fernand Ares, Estevoon Estevez coengos d’Ourense, Gonçalvo Martines dito Rella dobreyro, Gil Martines clerigo do coro, Miguell Peres notario, Johan Garçia porteiro do cabidoo. Eu Affonso Viviaez o outorgo. Et eu Affonsso Peres notario sobredito a esto presente foy e este testamento en mina presença fiz escripvyr por mandado e outoridade de Pero Giaaz coengo e vigario sobredito e meu nome e meu sinal aqui puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)

Era de mill e tresentos e seteenta e çinqo annos, viinte e oyto dias de janeyro. Conuçuda cousa seia a todos que eu Affonsso Viviaez coengo d’Ourense jasendo doente de grave door enno meu corpo, pero con todo meu siso e meu entendemento qual mo deus quiso dar, teendo ia meu testamento feyto e outorgado, eadendo en por maneyra de codiçilo ordeno e mando en esta maneyra: que hunas casas que eu ey que estam a sobrela Torre Vella, as quaes eu dey en doaçon a Aldonça Nunez criada do bispo dom Gonçalvo que foy, mando que a morte da dita Aldonça Nunez que as ditas casas fiquen aa capela que eu ordiney en meu testamento. Iten mando que a morte de Affonsso meu criado que as casas da rua do Pumar e a viña da Cuyna que lle eu mandey en meu testamento que a sua morte fiquen enna dita capela. Et esto que aqui mando en este codeçilo quero e outorgo que se cunpra et aguarde su aquela pena que he contiuda enno meu testamento, et peço a Affonso Peres notario pubrico d’Ourense que pona este codiçilo en pubrica forma con seu nomme e con seu signal, et rogo a estes que seen presentes que seian delo tests. Tests. que a esto presentes foron Gonçalvo Peres do Mato notario d’Ourense, Martin Domingues yrmao do dito Affonso Viviaes, Domingo Eanes clerigo, Gonçalvo Eanes escudeiro, Pero Martines, Martin Fernandes omes do dito Affonso Viviaes, Gomez Lourenço fillo que foy de Lourenço Eanes Çiisa.

Iten despoys desto, o primeyro dia de fevereiro na era sobre dita seendo ia enterrado o corpo do dito Affonso Viviaez enna costra nova da igleia de Sam Martino pareçeu Gonçalvo Peres dito do Mato notario d’Ourense heree e conpridor do dito Affonso Viviaes ante Pero Giaez coengo e vigario geeral do onrrado padre e señor dom Vaasco pella graça de deus bispo d’Ourense e pedio a min notario que pubricasse o dito codiçilo, et eu notario sobredito a pedimento do dito Gonçalvo Peres lii e publiquey o dito codiçilo ante o dito vigario e tests. adeante escritas, o qual liudo e pubricado, o dito vigario mandou a min notario sobre dito que metesse o dito codiçilo en pubrica forma para senpre valedeyro. Tests. dom Johan Migues arçidiago de Castela, dom Gonçalvo Peres thesoureiro, Martin Fernandes, Roy Peres, Fernando Ares, Estevo Estevez coengos, Gonçalvo Martines dito Rella dobreiro, Gil Martines clerigo do coro, Miguell Peres notario, Johan Garçia porteiro do cabidoo d’Ourense. Et eu Affonso Peres notario publico d’Ourense porla ygleia desse lugar a esto presente foy e en mina presença o fis escripvyr e meu nome e meu sinal aqui puge en testemoyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Testamentum Alfonsy Viviani canonici.

Materias

capelán; alcume; alimentos; altar; aniversario; arcediago; auto xudicial; avó; beneficio; bispado; bispo; branca; breviario; cabido; cama; canon foral; capa; capela; carta de quita; casas; catedral; cera; claustro; cláusula; codicilo; cóengo; comida; confirmación; conta; convento; coro; crego; criado; criado; cumpridor; cunca; Curral do Bispo; deán; débeda; depósito; dereito canónico; dignidades; diñeiros; distribución; doazón; dobreiro; doente; embargo; enxoval; escribán; escritura; escudeiro; esmola; esposa; esposo; evanxeos; execución; fábrica; familia; festa; fidalgo; filla; fillo; frade; franciscano; fundación; gran; herdanza; irmá; irmán; libra; libro; Libro Sexto; lutuosa; mandamento; marabedí; menor; mercador; mesa bispal; mesa capitular; misa; mordomado; mordomo; mosteiro; muller; nai; nena; neno; neto; nomeamento; notario; notario; orde de San Francisco; pagamento; pai; pan; panos; párroco; pena; Ponte de Ourense; porteiro; prata; prebenda; prestimonio; provisor; publicación; racioneiro; rei; rendeiro; roupa; rúa; saia; selo; sepultura; sinatura; sobriño; tenza; tesoureiro; testamenteiro; testemuña; tío; titor; titoría; torre; touciño; tributos; vigairo; viña; viño; xenealoxía; xuramento; xurisdición; testamento

Persoas

Pedro Eáns de Novoa, bispo de Ourense; Afonso Eáns do Souto; Afonso Vivián, cóengo de Ourense; Afonso, criado; Aldonza Núnez, criada; Aldonza Vivián; Ares Pérez; Ares Pérez; Catarina, criada; Constanza Afonso; Domingos Eáns, capelán; Domingos Eáns, crego; Estevo Estévez, cóengo de Ourense; Eufemia Miguez; Fernando Ares, cóengo de Ourense; Fernando Ares, cóengo de Ourense; Fernando Crego; Fernando Eáns, crego de Afonso Vivián; Fernando González, notario; Fernando Pérez, racioneiro de Ourense; García Pérez; Gómez; Gómez Lourenzo; Gonzalo Daza e Osorio, bispo de Ourense; Gonzalo Eáns; Gonzalo Eáns, escudeiro; Gonzalo Martínez, dito Rella, dobreiro de Ourense; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Gonzalo Pérez do Mato; Gonzalo Pérez, crego do coro de Ourense; Gonzalo Pérez, tesoureiro de Ourense; Gonzalo Vivián; Gonzalo, craido; Lourenzo da Veiga; Lourenzo Domínguez da rúa da Obra; Lourenzo Eáns Cisa , convento; Lourenzo Eáns do Barón; Lourenzo Eáns, crego; Lourenzo Martínez, mordomo; Lourenzo Pérez, crego; Maior Afonso; Maior Lourenzo; Maior Vivián; Martiño Domínguez do Baioco; Martiño Domínguez, párroco; Martiño Fernández, cóengo de Ourense; Martiño Fernández, home de Afonso Vivián; Miguel Domínguez, crego do coro de Ourense; Miguel Pérez, notario; Ourense, bispado; Ourense, cabido; Paulo, criado; Pedro Fernández; Pedro Lourenzo de Fonte Arcada, escribán; Pedro Lourenzo, crego; Pedro Martínez; Pedro Martínez, home de Afonso Vivián; Pedro Martínez, mordomo; Pedro Páez, deán de Ourense; Pedro Rabea; Pedro Xiás, cóengo de Ourense; Portugal, reino; Roi; Roi Pérez, cóengo de Ourense; Tareixa Afonso; Tomé Eáns, mordomo; Vasco Pérez Mariño, bispo de Ourense; Vidal Pérez; Viviana García; Xil Martínez, crego do coro de Ourense; Xoán Ares; Xoán Díaz; Xoán Domínguez; Xoán Domínguez, mercador; Xoán Eáns de San Lourenzo; Xoán Fernández; Xoán Fernández de Verosende; Xoán García, porteiro do cabido de Ourense; Xoán Miguez, arcediago de Castela; Afonso Pérez, notario

Outros

San Francisco de Ourense

Lugares

Aira do Bispo; Bayoco; Campo Redondo, Santo André; Castela, arcediagado; Cudeiro, San Pedro; Cuña, A; Mato, O; Ourense; Praduzelos; San Lourenço; Sobrado do Bispo, Santa María; Souto; Veiga; Zamora