Pedro Eanes véndelle ao bispo de Lugo unha porción de leira e medio «formal» en San Vicente de Coeo por 120 soldos.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Pedro Iohannes de Corvelle de boo
coraçon et de boa voontade, vendo a vos don Rodrigo, por la
gracia de Deus bispo de Lugo, a sesma de una leyra que iaz en campo
ante o paaço do bispo de Corvelle, et mays se y mays ey. Et
estan da una parte as castineyras forcadas, et da outra partesse por
lo marco que esta contra os paaços; a qual leyra foy do casal
de don Domingo, con suas pertenenças et dereyturas. Outrossi
vos vendo a meatade de un formal con seu saydo que ias cabo a ayra da
Lagoa, o qual se parte con o casal de Quinteela, a qual leyra et
formal son sub signo de San Viçenço de Coe. Et reçebo
de vos en preço por esta vençon CXX soldos da moneda
del rey don Fernando que ora anda, dos quaes me outorgo por ben
pagado. Et obligome por todos meus bees de vo-la faser de pas, des
aqui adeante aiadesla sempre en pas et toda vossa vos pus vos todo
meu sennorio et poder removudo.
Feyta
a carta de vençon XVIIe
dias de março,
era de mill et CCC et XLVII annos.
Os
que presentes foron: Diego Alvarez, escudeyro, Fernando Aras et
Fernan Fernandez, clerigos do bispo, Rodrigo, omme de Diego Alvarez,
Aras Martinez, criado de Miguel de Piugros, testemoyas, et outros.
Et
eu Françisco Lopes, notario publico de Lugo, a esto presente
fuy, et a rogo do dito Pedro Iohannes esta carta escrivi et notey et
puge en ela meu signal.
SIGNO