GMH/ÍNDICE A-Z

616
1357, xaneiro, 4. Lugo
Gómez Arias dóalle á igrexa de Lugo unhas casas no Burgo Novo e na porta de San Pedro, o casal de Marcelle e moitas outras propiedades, e recibe a cambio un casal nas freguesías de San Martiño de Castro e Santalla de Quinte mais a terraría da Cámara, en Pallares.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 55r e v.

In Dei nomine amen. Era de mill et tresentos et noveenta et çinquo annos, quatro dias de janeyro.

Seendo o onrrado padre et sennor dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et o cabidoo da sua iglesia juntados en cabidoo por campaa taniuda commo han de huso et de custume, en pressença de min Ruy Gonçalves, coengo, notario publico da çibdade de Lugo, et das testemoyas subscritas, o dito sennor obispo et cabidoo et Gomes Aras de Pallares feseron entre sy enprazamento et doaçon que tal he: sabeam quantos esta carta virem commo eu Gomes Aras de Pallares, fillo que fuy de Andreu Aras, outorgo et connosco que dou en pura doaçon por remedio de minna alma et de Maria Affonso, minna muller que fuy, et de aquelles a que soo tiudo, a a iglesia de Lugo para huna cappella, conven a saber enna villa de Lugo as cassas que foron de Affonso Rodrigues, clerigo, en que morou Affonso Coquin, que son en Burgo Novo sub signo da cappella de Santiago, que estan do outro cabo a rua das casas en que mora Domingo Peres, notario, et Johan [Trillado], carniçeyro, et outrossy dou a cassa do forno da Porta de Sant Pedro de fora da villa, que he sub o dito signo de Santiago, et os casares de Marçelle assy commo os tragiamos a dita Moor Afonso et eu, con todas suas cassas et arvores et formaes et pertenenças et dereyturas, que son sub signo de Santiago de Meyllae. Item o cassal de Sant Martino de Carvallido con suas casas arvores et pertenenças, que he sub signo de Sant Martino. Item dou a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia por maneyra de enprasamento os cassares de Corvelle que son enno Sisto, sub signo de Sant Viçenço de Coe, et a herdade de Malle con seu paaço. Item en Teyguesselle o casal que eu y aio con a herdade de Trasfontao, o qual cassal a dita Moor Afonso et Aras Fernandes compraron et gaanaron de Monin Fernandes de Bolanno que fuy, que he sub signo de Sant Pedro de Santa Coonba.

Item o cassal de Osoris que he en Mera, sub signo de Santa Crus de Retorta. Item en Farnadeyros a herdade que comprey en Pousada de Pedro Putin, sub signo de Sant Pedro de Farnandeyros. Item a herdade de Mançoe que he sub signo de Sant Martino de Carvallido. Item en Pallares a herdade que eu aio a o Porto Outeyro, sub signo de Santiago de Ferroe, et as leyras que eu aio a as Nugeyras, et a herdade que eu aio sub signo de Santa Alla de Framir. Et outrosy desenbargome das herdades que Tereyia Rodrigues, minna madre, deu a a iglesia de Lugo, assy iglesiario commo leygario, que he en Savaree sub signo de Santa Maria de Savaree, a qual herdade da dita Tereyia Rodrigues avia enno dito lugar que he a terça parte de todos los herdamentos que y avia dom Aras Rodrigues et sua muller, dona Moor Aras. Et este ditos herdamentos aio eu de teer, o dito Gomes Aras, en minna vida, segundo as outras herdades que suso son scriptas, et desenbargo a vos, o dito sennor obispo, et a vos iglesia o dito casal de Ossoris et a herdade de Mançoe que vos logo dou livres et quitas et desenbarguadas que façades dellas et en ellas vosa voontade. Et todos os sobreditos herdamentos et casares et casas et paaço et arvores et formaes vos dou con todas suas dereyturas et pertenenças, entradas et seydas et iures et agoas vertes et pascos et montes, per ut quer que vaan, et tollo a min logo da posison delles et ponno a vos et a vosa iglesia en ella, et outorgo por esta presente carta que d’aqui adeante que persuyo por vos et por vosa iglesia os ditos herdamentos, segundo son declarados en çima, precario; et obligo min et meus bees para vos los faser de pas.

Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento de don Lopo Domingues, juys, vigario de dom Diego Fernandes, dayan da dita iglesia, et do noso cabidoo que presente esta por vos faser merçee damos a vos, o dito Gomes Aras, o cassal de Minao, que he sub signo de Sant Martino do Castro, et de Santa Alla de Quinte, que o tennades en vosa vida en prestamo de nos et da dita nosa iglesia et non dedes del renda alguna. Outrossy vos damos a nossa terraria da Camara, que he en Pallares, conven a saber que avedes a levar o jantar et caritel et fonsadeyra et galinnas et çevadas et coutos et [inliças] et loytosas mortas et vivas, et os maninos que y acaesçeren et as herdades et casas et bees rayses que y acaesçeren dos ditos maninnos et omesios, que os entre et reçeba noso home quando acaesçeren de y requesçer en guissa que se non eallen et a iglesia et nos aiamos connosçemento delles; et vos que levedes os froytos das ditas herdades et bees rayses en vosa vida commo dito he, et o moordomo que y andar por vos que non ande sobrelos nosos casseyros. Et outrossy que o noso comendeyro que non entre enna dita terraria enno dito tempo, nen tire consello nen huse d’outra jurisdiçon ninhua sobre los homes que y moraren. Et a comenda da dita terraria damosvos-la que a tennades de nos et husedes dela segundo que husaron et husan ata aqui os nosos comendeyros que ouver et ha enno noso couto de Lugo. Et esto avemos a guardar et todos los sobreditos casares et cassas et herdades de suso scriptas, que deste a nos et a nosa iglesia, avedes a teer en vosos dias et de huna muller legitima et de hun fillo ou filla legitima se o ouverdes, et se non ouverdes muller legitima nen fillo que o tenna huna perssoa a pus vos qual vos nomeardes en vida ou a morte. Et a o passamento da pustrimeyra perssoa que fique todo segundo he declarado de suso livre et quito et desenbarguado a nos et a nosa iglesia con todos los boos paramentos que y foren feytos et con todos los provos que esteveren ennos ditos lugares et en cada hun delles. Et a dita terraria da Camara et casal de Minnao vos damos como dito he. Et avedes a seer vasallo noso et de nosos susçessores et de nosa iglesia servente et obediente, et avedes nos de aiudar a nos et a nosa iglesia quando nos comprir, et ut virdes nosa prol que nos la acheguedes, et ut virdes noso dampno que o arrededes en quanto poderdes, et se o non poderdes estrayar que nos lo digades. Et eu, o dito Gomes Ares, juro a os santos avangeos, que tango corporalmente con minnas maos, de teer et gardar ben et lealmente todo o que sobredito he. Et nos, o dito sennor obispo, et cabidoo en nome da dita nosa iglesia, assy reçebemos o dito enprazamento et doaçon que nos vos, o dito Gomes Aras, fasedes et outorgamos-vos que tennades de nos et de nosa iglesia os ditos herdamentos et cassas et todas las outras cousas de suso scriptas pello tempo et maneyra et condiçoes que de suso son scriptas.

Et eu, o dito Gomes Aras, asy o outorgo et reçebo de vos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito cabidoo en commo dito he. Et que esto seia çerto nos as ditas partes mandamos a o dito Ruy Gonçalves, coengo, notario sobredito, que fesese desto duas cartas en hun tenor huna para nos, o dito sennor obispo, et cabidoo, et outra para vos, o dito Gomes Aras, et por mayor firmidue mandamos-las seellar con seellos de nos, o dito sennor obispo, et cabidoo et de vos o dito Gomes Aras.

Que foron feytas en Lugo, era et dias sobreditos.

Testemoyas: dom Afonso Gomes, arçidiago de Deza; dom Garçia Dias, arçidiago de Sarria; dom Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; dom Pedro Aras de Parrega, mestrescolla; don Lopo Domingues, juys; dom Alvar Rodrigues, thesoreyro; Vaasco Dias, coengo, ts., et outros.

Et eu Ruy Gonçalves, coengo, notario sobredito dado por auctoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he presente fuy et a rogo et pedimento das ditas partes esta carta en minna presença fis escrivir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.

Materias

árbore; arcediago; avinza; barrio; cabido; cámara bispal; campá; capela; carniceiro; casas; cebada; cesión; cóengo; cóengo; couto; crego; delito; desembargo; dignidades; doazón; encomenda; encomendeiro; esposa; esposo; evanxeos; familia; fidalgo; fillo; fisco; forno; fundación; galiña; gando; gran; herdanza; leira; linde; lutuosa; mercé; mesa bispal; mesa capitular; mestrescola; mordomo; muller; muralla; nai; nai; nomeamento; notario capitular; pai; pazo; pena; permuta; Porta de San Pedro; prestimonio; rúa; selo; soar; terraria; tesoureiro; traslado; tributos; vasalo; venda; viúvo; xantar; xenealoxía; xuíz; xuramento; xurisdición; bispo

Persoas

Afonso Coquín; Afonso Gómez, arcediago de Deza; Afonso Rodríguez, crego; Álvaro Rodríguez, tesoureiro de Lugo; André Ares de Pallares, fidalgo; Diego Fernández, deán de Lugo; Domingos Pérez, notario; García Díaz, arcediago de Sarria; Gómez Ares de Pallares, fidalgo; Lopo Domínguez, tesoureiro de Lugo; Lopo Domínguez, xuíz de Lugo; María Afonso; Monín Fernández de Bolaño, fidalgo; Pedro Putin; Roi González, cóengo de Lugo; Tareixa Rodríguez; Vasco Díaz, cóengo de Lugo; Vasco Rodríguez, arcediago de Dozón; Xoán Díaz, cóengo de Lugo; Xoán Trillado, carniceiro; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido

Lugares

Bolaño, Santa Baia; Carballido, San Martiño; Castro, San Martiño; Coeo, San Vicente; Corvelle; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Farnadeiros, San Pedro; Farnadeiros, terra; Ferroi, Santiago; Lugo; Malle; Manzoi; Meilán, Santiago; Mera, San Pedro; Miñao; Nugueyras, leyras; Outeiro; Pallares, antiga xurisdición; Parga, antiga xurisdición; Pousada; Quinte, Santalla; Retorta, Santa Cruz; Sabarei; Sabarei, Santa María; Santa Comba, San Pedro; Santoalla; Sarria; Teigueselle; Trasfontao; Xuriz, O