GMH/ÍNDICE A-Z

90 A

1333, marzo, 7. Vilamaior-Mondoñedo.
Paulucho, cóengo de Mondoñedo, concédelle ó Cabido un casarío sito en Mariz (Mondoñedo), que entregaría despois da súa morte, coa condición de que os cóengos fixesen tres procesións, con responso, sobre a sepultura do bispo don Rodrigo e sobre a súa, unha vez falecido.
A, perg., que conserva o cordón do que pendeu o selo do Cabido, de 380 x 286 mm. Letra semigótica.
B, perg., que forma parte do Calendario II, fol. 31r, en Arm. 3, n.º 9/2.

In nomine Dei Patris omnipotentis et filii eius nostri Jesu Christi et Spiritus Sancti ac beatissime et gloriose Uirginis Marie Genitricis eius et totius curie/ celestis et ad honorem ecclesie sancte Marie Villemaioris. Conoçuda cousa seia a todos commo eu Paulucho coengo da yglesia de Mendonedo / por saluamento de minna alma et en renuimento de meus pecados seendo en minna vida et en minna soude dou et offeresco et outorgo para / sempre aa dita sancta Maria para o cabidoo da dita yglesia a minna casaria de Maaris que eu conprey de Affonso Yanes das Ribeyras de / Sante con seus teytos et con seu herdamento chantado et por chantar et con todos iures et perteenças et con todas las / conpras et gaanças que eu y arredor dessa casaria des oge este dia et era desta carta en deante feser et conprar et /gaanar. Et a dia de minna morte deuoles leyxar a dita casaria poblada de vn iugo de boys boos et de tres uacas / et viinte rexelos. Et se eu y enton teuer mays ganado de meu que todo les y fique para seruiço de sancta Maria. Et esto / les dou et faço por tal condiçon que o dito cabidoo me faça por ende cada anno des oge dia en deante para sempre tres proçissoes ordinadas et con capas sollennemente assy commo has fassen en dia de Natal et en dia de Pascua de Resurrecçon. Et que / a sayda do responso que se dis entre lo coro et o altar mayor de sancta Maria que esten con las cruses et con la proçisson / sobre la sepultura do bispo don Rodrigo que me criou cantando o responso “Libera me Domine de morte eterna” et con lo psalmo / “De proffundis” et con aquelas oraçoes que perteneçe. Et esso mismo façan por min sempre des que eu finar que vaan et esten en / cada vnna das ditas proçissoes con las cruses et con la proçisson sobre la minna sepultura hu eu iouuer sepultado en esta yglesia de / sancta Maria et digan o psalmo et as oraçoes que perteneçeren et non seian teudos de yren sobre la sepultura do bispo don Rodrigo. Et estas ditas tres poroçissoes façanlas en estas tres festas conuen a saber a primeyra en dia de sancta María de Março et / a segunda enno dia da festa de Sant Angel de setenbro et a terçeyra enna festa da Concepçon de santa Maria Uirgen. / et mentre eu for viuo deuo teer en min a dita casaria et dar aa sayda de cada vnna das ditas tres proçissoes / quinse libras desta moeda que agora corre del rey don Alffonso que fasen quarenta mor. curtos et depoys de minna morte / que lles fique liure et desembargada a dita casaria con todo seu herdamento et con todas conpras et gaanças et melloramentos et / con todo seu poblo et eles que façan por ela as ditas proçissoes cada anno por sempre commo dito he et os dineyros destas / sobreditas proçissoes que se partan et se den entre aquellas perssoas coengos et raçoeyros que veeren et andaren nas proçissoes et non a / outros et que os parten entreles assy commo parten o dineyros das Horas da yglesia de Santiago de Viueiro. Et que esto seia çerto rogo a Pedro Yanes raçoeyro et notario publico da yglesia de Mendonnedo que escriua ende este estrumento no liuro do cabidoo et / de a min outro tal sub seu sinal et seelado do seelo do cabidoo. Et nos Johan Fernandes coengo et vigario geeral do onrrado / padre et sennor don Alvaro por la graça de Deus bispo de Mondonnedo et Rodrigo Yanes coengo et vigario geeral de don Johan Deus dean et o / cabidoo da dita yglesia seendo iuntados en cabidoo por canpaa taniuda segundo que he de costume veendo et entendendo que esta dita casaria / que o dito Paulucho ao cabidoo da et esta ordinança que fas por ela das ditas proçissoes que he seruiço de Deus et de sancta Maria et prol / et onrra da dita yglesia et nossa recebemos a dita casaria por las dictas condiçoes et outorgamos por nos et por nossos sucessores / a faser por ela as ditas proçissoes por sempre et as outras cousas commo ditas son et mandamos a Pedro Yanes raçoeyro et notario sobredito / que escriuise ende este estrumento para uos o dito Paulucho et fesemoslo seelar do nosso seelo do cabidoo de çera pendente et que escriuise / outro tal estrumento enno nosso liuro do cabidoo. Et eu Pedro Yanes raçoeyro et notario sobredito a esto en vn con los vigarios sobreditos et / perssoas et coengos da yglesia de Mendonnedo suescriptos seendo en cabidoo este estrumento escreui et en testemoio de verdade puge en / el meu sinal acostummado que he tal. Os que presentes foron: os ditos vigarios don Pedro de Bardos archidiago de Montenegro don Roy Peres archidiago de Viueyro don Roy Peres maestrescola o dito Paulucho Beyto Martines et / Roy Fernandes coengos de Mendonedo. Feyto viinte et sete dias do mes de março Era de mill et / tresentos et setenta et vn anno. ( Signo, no que se pode ler: Petrus Johannis notarius).

(Reverso):
M. iii.n.4. Doaçon que fesso Paulucho aa yglesia de Mendonedo para o cabidoo. Donacion del canonigo Paulucho de la caseria de Vigo al cauildo.