GMH/ÍNDICE A-Z

H44
1435, decembro, 23
Xoán de Ortega afora a cinco voces a Gonzalo da Abretesga a terceira parte da Seara do Bispo, no couto de Vilarrubín, coa condición de plantar vinte cavaduras de viña en seis anos, por quinta de viño e composta, 1 libra por dereitura, xantar acostumado e unha galiña. (fol. 18-18v)

Feita e dada nota. Carta de Gonçalvo da Abretesga. Enno libro manual.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Joan d’Ortega, mestre escola enna iglesia d’Ourense et procurador de meu señor don Diego obispo d’Ourense, por poder que del teño segundo que esta por este notario por quen esta carta he feita, do qual eu o dito notario dou fe, dou et outorgo aforo a vos Gonçalvo da Abretesga que sondes presente e a vosa moller Costança Yanes que non he presente, moradores enno couto de Vylarrobyn, et a çinqo voses apus voso finamento etç., conben a saber que vos aforo a terça parte da Seara do Bispo que jaz enno seu couto de Vylarrobyn, enno lugar onde chaman Abretesga, et parte con herdade de Fernando çapateiro et da outra parte con herdade do dito Fernando çapateiro segundo que a trades a jur et a maao et foy de voso aboo Joan Fernandes, a qual (fol. 18)
dita terça parte da dita Seara vos aforo con seus castineiros que a ela perteesçen segundo que soyan andar en huun, por tal condiçon que façades enna dita Seara ata seys annos primeiros sigentes viinte cabaduras de viña con as viñas que ja estan feitas ou mays se mays poderdes faser, et labredes et paredes ben et façades foro de quinta ao dito señor obispo de todo o viño e conposta que deus en ela der etç. por seu mayordomo et proberlo edes de comer e de beber etç. et daredes por dereytura huna lybra de dños. brancos por dia de San Martiño, et mays por lo dito día o jantar acustumado et huna galyna, et do al de disemo a deus etç. et se quiserdes vender, deytar ou supynorar que primeiramente frontedes ao dito señor obispo etç. et seeredes vasallos serbentes e obedientes, e non vos chamaredes a outro senorio etç. et se pleyto ou contentada recreçer ontre vos e o dito señor obispo sobre lo dito aforamento que sejan tomados dous omeens boons do cabido da iglesia d’Ourense etç. et se estas condiçoens non conprirdes que percades o dito foro etç. et obrigo os beens do dito señor obispo etç. Et eu o dito Gonçalvo da Abretesga obrigo meus beens de conprir todo o sobre dito etç. Penna CC etç. Tests. Pero Fernandes juis, Afonso da Barreira, Roy Lourenço de Piñor e Gomes d’Abadin. Feita XXIII de desenbro. (fol. 18v)