GMH/ÍNDICE A-Z

114
1434, novembro, 15

Fernan Esteves de Tui e a súa muller, veciños de Pontevedra, aforan a Gonçalvo Esteves, morador en San Juan de Tirana, e á súa muller, por tempo de 19 anos, a metade do lugar de Paredes, por foro do cuarto do pan e o tercio do viño.

(ff. 56 v-57)

Dia luns, quinse dias do dito mes de novenbre. Sabean todos que eu Fernan Estevees de Tui et mĩa moller Tareija Fariña, besiños da villa de Pontevedra que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas boses, aforamos et damos aforo a vos Gonçalo Esteves, morador ẽna fiigresia de San Johan de Tirana que he en terra de Morraço et que sodes presente, et a vosa moller Maria Martines et a vosas voses, a metade entregamente de todo o noso lugar, casas, casares et plantados et viñas que disen de Paredes, que esta ẽno lugar que disen Avelendo que he ẽna dita fiigresia de San Juan de Tirana, con todas suas perteesças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito et segundo et por la via que vos por nos tevestes et usastes et pesuystes ata oje este dito dia, et aforamos vos asi a dita metade do dito lugar por tenpo doje este dia ata dez et nove anos conpridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos dez et nove anos et en cada un deles vos devedes de morar ẽnas casas da dita metade do dito lugar et teerlas cubertas et levantadas et asi as leixar ao fin do dito tenpo con quanto perfeitio et boo paramento en elas foi feito, et outrosi devedes de faser et leveantar de novo hũa casa no dito lugar por vosa custa semitavell et atamaña como a casa en que teemos o lagar no dito lugar, et et madeirarla para se cubrir de tella et devedes la dar cuberta de colmo, et nos devemos vos de dar para ajuda de a faser et levantar çento et çincoenta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, et outrosi devedes de lavrar todas las herdades da dita meatade do dito lugar et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo lavrar et procurar todas as viñas da dita meatade do dito lugar de poda, cava, arrenda, rodriga et esquerquarlas et murarlas et valarlas et requerirlas de todos los outros lavores que ouveren mester en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a nos et a nosas boses, en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos des et nove // anos, por foro, renda, conosçemento da dita meatade do dito lugar, casas, casares plantados et viñas, o quarto de todo o pan que lavrardes ẽnas herdades do dito lugar et o terço do viño que Deus der nas ditas viñas da dita meatade do dito lugar, o pan aa eira et o biño mosto aa dorna, o desimo a deus pago de consũu, et vendimar et coller o dito pan et viño por nos ou por noso mandado, et proveer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever a coller o dito pan et viño, et outrosi nos devedes de dar mais por foros por cada dia de natal da naçença de Deus seys mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dinieros en pan blanco cosido et mais hũa marraa çevada et dous açunbres de viño branco, et asi en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos dez et nove anos; et nos, por esto que dito he et nosas boses, non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento a vos nen a vosas vozes por mas nen por menos nen por al tanto que nos outro de nen por outra rason algũa, ante prometemos et outorgamos de vos defender et anparar con elo de todo enbargo ẽno dito tenpo por nos et por nosos bẽes que vos a elo obligamos, et so pena de mill mrs. da dita moeda que outorgamos de vos dar et pagar por pena nos ou nosas vozes seo asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos. Et eu o dito Gonçalo Esteves, que asi soo presente et que faço por mĩ et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi resçebo et outorgo este sobre dito aforamente por las maneiras et condições sobre ditas, et prometo et outorgo que eu et a dita mĩa moller o tenamos, conpramos et pagemos todo asi como dito he aa boa fe et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligo, et so a dita pena que outorgo que vos peitemos et pagemos por pena seo asi non tovermos et conpriremos et contra elo vieremos, et a pena pagada ou non, esto como dito he este firme en sua revor. Que foi outorgado na dita villa de Pontevedra ano, dias, mes sobre ditos. Testemoyas que foron presentes: Johan Rodrigues d´Avelendo et Afonso de Vilela et Martino d´Avelendo et Pero Garçia d´Avelendo, moradores ẽna dita fiigresia de San Johan de Tirana et Afonso do Tonbo morador ẽna fiigresia de Santa Mariña de Bora et outros.