GMH/ÍNDICE A-Z

300
1334, xaneiro, 7. Lugo
María Rodríguez e os seus irmáns véndenlle ao racioneiro Xácome Eanes todo o que lles corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 150 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/13, perg. orix., galego, gótica cursiva, 153x435 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Maria Rodrigues de Barbain et Marina Rodrigues et Iohan Rodrigues, fillos que fomos de Rodrigo Eanes de Barbain, et netos de Marina Ferrnades, que foy de Pedreda, de bon curaçon et de boa voontade vendemos a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, todo o iglesiario que nos avemos cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Santo Viçenço de Pedreda, o qual iglesiario he cada anno hunna oytava de çenteo, et con a vianda et renda et serviço que y avemos, et con todas suas dereyturas et pertenenças. Et reçebemos de vos en preço por esta vençon çento et çinquenta soldos d’esta moneda del rey don Affonso de que nos outorgamos por entregos ben pagados. Et renunçiamos a exçepçon do aver non contado et d’enganno, mays ca da meatade do dereyto preço, et toda outra boa raçon et esçepçon que por nos posamos aver para contra esta vençon viir, que as non posamos por nos diser nen alegar en iuyço nen fora del. Et obligamos nos et todos nosos bees de faser senpre esta vençon et especialmente por todo o herdamento et vos que nos avemos et aver devemos en Barbain sub signo de Santa Maria de Boveda et de Sant Fiis de Muia, et damosvos poder que vos por vosa auctoridade sen outra sollepnidade de dereyto posades entrar et tomar o iur et a posison et a propiadade do dito iglesiario et çeveyra. Et des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vosa vos, todo noso poderio et senorio ende seia sacado et removudo de nos et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo VII dias de ianeiro, era de mill et CCCLXX et dous annos.

Testemoyas: Affonso Martines et Iacome Afonso de Muia; Rodrigo Eanes, clerigo do coro de Lugo; Afonso Fernandes, escrivam ts., et outros moytos ts. Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et esta carta en mina presença fis escrivir, et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.